Mapa web
Youtube
Instagram
UNED

Secretaría

Ante a actual situación de pandemia por COVID 19 recoméndase, preferentemente, o uso do correo electrónico ou teléfono.

  • Atención por correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • Atención telefónica: 981 14 50 51
  • Atención presencial con cita previa (petición telefónica 981 14 50 51 ou vía     email a info@a-coruna.uned.es)

Situado na primeira planta do Centro, o servicio de Secretaría conta co seguinte horario:

. Período lectivo

. Mañáns: de luns a venres de 9 a 13 h.

. Tardes: de luns a venres de 16 a 19 h.

. Período non lectivo

. luns a venres de 9 a 13:30 h.

A Secretaría constitúe o servizo de información e atención ao público, no que os usuarios poden informarse de cantos aspectos incumben á actividade universitaria do Centro Asociado, empezando polos requisitos de acceso ás distintas ensinanzas impartidas na UNED.

É o departamento de información e atención ao estudante por antonomasia. Nel obtense información sobre como realizar os trámites académicos, a preinscripción, a matrícula, a solicitude de becas...

Podes acudir á secretaría para realizar:

Consultas

Tanto consultas xerais sobre a UNED, como concretas sobre o Centro Asociado UNED-A Coruña ou a aula Universitaria UNED-Ferrol: funcionamento, titorías, titulacións que se imparten, requisitos de acceso, prazos de preinscripción, trámites de matrícula, criterios xerais de recoñecemento de créditos, bolsas, ensinanza non regrada, actividades culturais, videoconferencias, prácticas, exames, etc.

Matrícula

  • De ensinanzas regradas (Grados, enxenerías, doutoramento, máster, curso de acceso, proba de acceso...). A matrícula realízase a través de internet www.uned.es.
  • Pulsa aquí para acceder á aplicación de matrícula (enlace activo só en prazo de matriculación).
  • De cursos, conferencias, seminarios ou congresos que se impartan no Centro. +Información

Trámites administrativos

  • Certificados varios (de solicitude de matrícula,  de horarios de titorías, etc.).
  • Entrega de documentación, rexistro, compulsas + información
  • Obtención de modelos de impresos para peticións que deban cursarse ás diversas Facultades ou servizos centrais da sede central da UNED. Neste caso, debe terse en conta que nalgúns casos, sobre todo nos Graos, é o propio alumno quen debe xerar, a través da Secretaría Virtual, algúns modelos de solicitude.
  • Carné de alumn@ + info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es