Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Letras Gallegas 2017

18 de mayo de 2017

Mercedes Cachaza Platas, alumna del Programa Sénior UNED A Coruña, rinde un especial homenaje a Carlos Casares, autor reconocido en la edición 2017.

Como cada 17 de mayo desde aquel no tan lejano 1963, Galicia celebra su fiesta homenajeando a un gallego relevante, a un autor destacado en la defensa de la lengua, conmemorando así su identidad, personalidad e historia.

Corría el año 1995 cuando a propósito del Acto de Apertura de Curso 1995/1996 en la UNED A Coruña, Carlos Casares, -personalidad a la que se le rinde homenaje este año con motivo del Día de las Letras Gallegas- acompañado de las autoridades representantes de las instituciones integrantes del Patronato y la dirección del Centro, impartía la lección inaugural titulada Galicia na evocación de Ernest Hemingway.

Carlos Casares en la UNED A Coruña, año 1995

Mercedes Cachaza Platas, alumna del programa Sénior de la UNED A Coruña y habitual articulista de opinión en Galicia Dixital, ha querido rendir un especial homenaje Casares, autor reconocido durante esta última edición.

---------------------------------------

"Desde que o 17 de maio de 1963 se celebrou o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro; xa levamos 54 escritores homenaxeados pola súa obra a favor da lingua e cultura galegas. Un promedio de máis de trece escritores por provincia; o sesenta e tres por cen foron homes e tan só o trinta e sete por cen foron mulleres.

As mulleres escriben menos porque teñen outras prioridades e porque a sociedade está estructurada como está, pero co tempo cambiará. Ten que cambiar porque non se pode desperdiciar tanto potencial feminino.

Pouco a pouco iremos construíndo un mundo máis equilibrado entre ámbolos dous sexos. Como debe ser! De feito, hoxe en día dánselle estudios tanto ós varóns como ás mulleres, cousa que noutros tempos non se facía. Pero –sabemos todos moi ben- que aínda queda moito camiño por recorrer. Pasiño a pasiño, iremos abrindo camiño.

Portada de Cantares Gallegos

Este ano toca homenaxear a un home, un ourensán de renome mundial chamado: Carlos Casares Mouriño, que naceu a mediados do século pasado e faleceu fai tan só quince anos en Vigo. Realmente a terra galega e a súa propia lingua son fonte de inspiración para moitas persoas, en xeral para tódolos galegos bos e xenerosos como reza o noso benquerido Himno galego.

Non só ós lectores galegos, senón a persoas de todo o mundo porque as súas obras son traducidas a diferentes idiomas No caso de Carlos Casares Mouriño, trátase dun home que nos deixou un legado moi amplo e variado.

Carlos Casares

Escribiu narrativa para adultos e tamén para nenos: dez libros para adultos e once para nenos, ademais de numerosos ensaios, artigos periodísticos e tamén algo sobre o humor.

O seu primeiro libro, Vento Ferido, que contén relatos breves sobre a violencia e o fatalismo; publicouno cando tiña 26 anos, pero antes xa cursara estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e xa fixera de lector en varias universidades europeas.

Pero a súa verdadeira traxectoria profesional foi como catedrático de Instituto, como escritor, como político e como editor vinculado á Editorial Galaxia; realizouna en Vigo. Unha persoa moi culta e moi coñecedora da élite das Letras Galegas como Vicente Risco, Otero Pedraio, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez, dos que nos deixou as respectivas biografías.

 

Foi tamén membro da Real Academia Galega da Lingua e Presidente do Consello da Cultura Galega, ademais de deputado polo Partido Socialista de Galicia nas eleccións de 1981.

Persoas así, honran un pobo e dan a coñecer a súa identidade. Por iso homenaxeamos unha persoa destas características cada 17 de maio.

Portada de Vento Ferido

Pero na realidade, aínda hai moitas persoas que por ignorancia pensan que o galego só serve para andar pola casa e que non trascende límites nin fronteiras máis aló da terra galega. Aínda existen moitas persoas que prefiren poñerlle un nome extranxeiro ós seus descendentes, antes que un galego.

Desgraciadamente aínda hai quen pensa que a nosa lingua é unha lingua para ignorantes e "paletos", cando os ignorantes e "paletos" son aqueles que pensan así. A ignorancia é moi atrevida. Cando comprenderemos que a ignorancia non está nas linguas? A ignorancia está na falta de educación das persoas!

Tamén hai quen pensa que non sabe falar ben o galego porque non o estudiou ou porque non se fala igual en toda Galicia. Quen non tivo acceso ós estudios, non os tivo en ningunha lingua. Expresarase en linguxe vulgar sexa cal sexa a lingua que use. Pero a lingua é patrimonio de todos, tanto das persoas con estudios, como das que non tiveron acceso a eles.

Todos, absolutamente todos, temos necesidade de comunicarnos, maioritariamente a través da fala, pero tamén a través da escrita. Que unha mesma cousa se diga dunha maneira en Lugo, doutra en Ourense, outra en Fisterra e outra en Pontevedra, non ten nada de malo; todo o contrario.

Mentres non aprendamos a superar estes e outros prexuízos, mentres non apredamos a valorarnos como pobo galego que somos, mentres no aprendamos a facer respetar a nosa lingua como sinal de identidade propia deste pobo tan noble como é o galego, ... Haberá moito que facer! Pero Roma non se fixo nun día.

Niso andan os entendidos; pero é cousa de todos. No que a nós nos corresponde, seguiremos apoiando o noso idioma, porque nós somos galegos de pura cepa. Nacemos en galego, vivimos en galego, e non renegamos da nosa identidade por nada do mundo.

Faremos todo o posible para que a nosa lingua se cultive cada día máis e mellor ata que o noso idioma estea normalizado a tódolos niveis, como era en tempos do rei Alfonso X “O Sabio” que mesmo o utilizou nas Cantigas de Santa María.

Porque a lingua galega foi a primeira que escoitamos no colo da nosa nai, e a que usamos habitualmente coas persoas que máis queremos, a que levamos no sangue. Para nós é a máis tenra, a máis dóce, a máis interesante, a que máis queremos e á que máis lle debemos.

Nós, principalmente a xente da aldea, somos os portadores desta riqueza tan grande que lle dá carácter e identidade propio á nosa terra. Tamén sabemos outras linguas. Claro que si! Só faltaría! Non rexeitamos nin despreciamos ningunha. Cantas máis saibamos, mellor. Pero por encima da nosa, ningunha, se nós non defendemos o noso: quen no lo vai defender?

Por iso estamos hoxe aquí apoiando que se respete a nosa lingua como sinal básico de identidade do pobo galego e como patrimonio inmaterial de todos. Porque defende-lo noso idioma, é defendernos a nós mesmos"

Mercedes Cachaza Platas

Alumna no Programa Sénior UNED A Coruña

Blog de los séniores de la UNED A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es