Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Acceso á Universidade para maiores de 25 anos e Proba Libre de Acceso

14 de septiembre de 2017

Requisitos, plan de estudos, exames, cualificacións ou prazo de matrícula. Accede a toda a información para este curso 2017/2018.

Quen pode optar ao curso e proba de acceso a maiores de 25 anos?

  • Os interesados que cumpran ou cumprisen 25 anos antes do 31 de decembro do ano no que se realizan as probas.

Que requisitos son necesarios?

  • Non dispoñer dun título que habilite o acceso á Universidade: PAU-selectividade, formación profesional, diplomatura, licenciatura, etc...

Como se organizan as clases?

Curso de Acceso:

  • Os alumnos matriculados no Curso de Acceso poden acceder a titorías presenciais no Centro Asociado, curso virtual ou consultas aos equipos docentes na sede central.

Proba Libre de Acceso:

  • Non hai acceso a clases.

Como se estrutura o plan académico?

A proba de acceso organízase en dúas fases: fase xeral e fase específica.

  • A Fase Xeral ten como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos para seguir con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e expresión escrita.
    • Consta de tres exercicios das seguintes materias:
      • Comentario de Texto.
      • Lingua castelá.
      • Lingua estranxeira (a elixir unha entre alemán, francés, inglés, italiano e portugués).

  • A Fase Específica. A súa finalidade é a de valorar as habilidades, capacidades e aptitudes dos candidatos para cursar con éxito os diferentes ensinos universitarios vinculadas a cada unha das ramas de coñecemento.
    • Consta de 2 exercicios. O estudante deberá elixir a opción que corresponda cos estudos de Grao que desexe cursar unha vez superada a proba de acceso.

  • O alumno terá preferencia na admisión na Universidade ou Universidades nas que realizase a proba de acceso e na rama ou ramas de coñecemento vinculadas ás opcións escollidas na fase específica.

  • As materias que serán obxecto da proba determinaranse en función da opción escollida polo estudante das cinco nas que se organiza:

  • Opción A. Artes e Humanidades.
  • Opción B. Ciencias.
  • Opción C. Ciencias da Saúde.
  • Opción D. Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • Opción E. Enxeñería e Arquitectura.

  • Unha vez que elixise a opción que desexa cursar, o estudante deberá seleccionar dúas materias seguindo as normas específicas que existen para cada unha das opcións:

Opción A. Artes e Humanidades

  • Filosofía
  • Xeografía
  • Historia da arte
  • Historia do Mundo Contemporáneo
  • Linguas e Cultura Latina
  • Literatura
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais
  • Política e Sociedade

Opción B. Ciencias

  • Bioloxía
  • Física
  • Matemáticas
  • Química

Opción C. Ciencias da Saúde

  • Bioloxía
  • Física
  • Matemáticas
  • Química
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais.
  • Psicoloxía

Opción D. Ciencias Sociais e Xurídicas

  • Administración e Dirección de Empresas
  • Antropoloxía
  • Educación
  • Filosofía
  • Historia do Mundo Contemporáneo
  • Matemáticas
  • Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais
  • Nocións Xurídicas Básicas
  • Política e Sociedade

Opción E. Enxeñería e Arquitectura

  • Fundamentos de Tecnoloxía
  • Fundamentos de Informática
  • Administración e dirección de empresas
  • Matemáticas
  • Química

Como son os exames?

Curso de Acceso

  • Habilítanse dous períodos de exame por curso académico para a superación da proba: os exames ordinarios de maio-xuño e os exames extraordinarios de setembro.

Proba Libre de Acceso

  • Os exames de maio-xuño.

A avaliación continua

  • Os estudantes matriculados en Curso de Acceso poderán beneficiarse da avaliación continua en xaneiro/febreiro.
  • Os estudantes inscritos na Proba Libre non poden presentarse ás probas de avaliación continua.

Como son as cualificacións?

Cada exercicio das dúas fases cualificarase de 0 a 10 puntos.

Realízase a media aritmética das materias que compoñen cada fase.

  • A cualificación final virá determinada pola media aritmética das cualificacións obtidas na fase xeral e a fase específica, cualificada de 0 a 10 puntos.
  • Enténdese superado cando:
  • Obtense unha cualificación media mínima de 4 puntos en cada unha das dúas fases.
  • Só no caso que se cumpra a primeira condición, unha cualificación media de ambas as fases -xeral e específica- igual ou superior a cinco puntos.
  • Non haberá límite de convocatorias para superar a proba de acceso para maiores de 25 anos.
  • Os aspirantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias coa finalidade de mellorar a súa cualificación.
  • Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria sempre que esta sexa superior á anterior.
  • A superación da proba ten validez indefinida, para os efectos da admisión na Universidade.
  • No caso de que o candidato optase por unha rama de coñecemento distinta, poderá utilizar ambas as cualificacións en relación aos estudos de Grao que desexe cursar.

Observacións:

  • Curso de Acceso para maiores de 25 anos:
    • Os estudantes que superen só una das dúas fases cunha cualificación de polo menos 5 puntos, e non superasen a proba completa, poderán conservar a cualificación da fase superada e facela valer no Curso de Acceso para maiores de 25 anos da UNED nos dous cursos académicos inmediatamente posteriores, nos que deberán superar só a fase que quede pendente.
  • Os estudantes inscritos na Proba Libre de Acceso:
    • Os estudantes que superen só una das dúas fases non conservarán a cualificación da fase superada e, por tanto, non poderán facela valer na UNED no curso académico inmediatamente posterior.

Cal é o prazo de matrícula?

Curso de Acceso: ampliado prazo ata o 13 de novembro de 2017.

Proba Libre de Acceso: do 1 ao 15 de febreiro de 2018.

Como se realiza?

Cal é o prezo?

Máis información.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es