Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol: "Tráfico de Drogas, aspectos penais"

7 de noviembre de 2017

Celebrarase os días 23 e 24 de novembro e a docencia estará a cargo de Ana Rodríguez Piorno.

A aula de Ferrol acolle un novo curso dirixido a membros de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a estudantes de Dereito, Criminoloxía, Traballo Social e Psicoloxía; así como a funcionarios das Administracións Públicas relacionados coa materia e interesados en xeral: "Tráfico de Drogas. Aspectos penais".

O curso está previsto para os días 23 e 24 de novembro de 2017 nas modalidades en liña e presencial. Ao seu termo, unha vez acreditadas as 25 horas lectivas, certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

O obxectivo desta actividade formativa é o de ofrecer aos asistentes as ferramentas necesarias para abordar o tratamento penal e o administrativo do tráfico de drogas e estupefacientes; facilitar a adquisición dos coñecementos necesarios para coñecer o alcance da infracción penal e administrativa neste ámbito concreto, en especial as nadas por mor da Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

O programa previsto comtempla, entre outros aspectos, os delitos relativos ás drogas tóxicas, o procedemento penal e a investigación patrimonial nos delitos de narcotráfico. Abordarase, dentro do marco lexislativo actual, o texto da Lei Orgánica 4/2015 de Protección da Seguridade Cidadá.

Ana Rodríguez Piorno, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e dedicada á función jurisdicional sen interrupción desde o ano 2000, será a responsable de impartir a docencia.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es