Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Non somos alumnos en sentido pasivo, participamos da nosa aprendizaxe e dialogamos cos nosos titores para lograr maior comprensión sobre as materias"

5 de diciembre de 2017

Rafael Granados, Grao en Psicoloxía curso 2016/2017.

Rafael Granados Guillén graduose en Psicoloxía na UNED durante o curso 2016/2017. Actualmente é presidente da Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia, ATA Galicia.

"A experiencia laboral adquirida como representante de comercio durante máis de vinte anos, como empresario xestionando produto de importación doutros países e coordinando unha rede de comerciais, unida aos coñecementos académicos: un Máster en Xerencia Empresarial ( MBA) e o recente Grao de Psicoloxía, ensináronme que a formación e a aprendizaxe continua é de vital importancia nos tempos que vivimos. Todo iso levoume ao meu actual posto de traballo desde onde loitamos polos dereitos dos traballadores autónomos a través da mesa do traballo autónomo. Traballamos coa Consellería de Emprego da Xunta de Galicia, aconsellamos a novos emprendedores e asesoramos aos autónomos a nivel fiscal e xurídico".

Por que decidiches realizar o Grao en Psicoloxía na UNED?

"O feito de tratar a diario con persoas e escoitar as súas necesidades, levoume á conclusión de que os coñecementos e a experiencia que tiña ata o momento eran insuficientes para levar a cabo o traballo de asesoramento; tratabamos os problemas en función das xestións laborais e non se atendían as necesidades persoais".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez?

"O principal obxectivo era adquirir coñecementos máis específicos sobre Psicoloxía para posteriormente adaptalos ao sistema de traballo".

Persoais ou profesionais?

"O persoal prima sobre os profesional".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Volver estudar e facelo na UNED obrigoume non só ao simple feito de estudar, senón que a medida que avanzaba nas diferentes materias a comprensión, reflexión e a análise do contido lido era máis importante que o propio estudo. Non só basta con ler e memorizar hai que aprender sobre o que lemos, hai que discutir sobre o lido e reflexionar para entender e razoar sobre os diferentes contidos. Non somos alumnos en sentido pasivo, participamos da nosa aprendizaxe e dialogamos cos nosos titores para lograr maior comprensión sobre as materias".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"A curto prazo achegoume máis coñecementos e novas perspectivas na maneira de analizar as cousas, de ver a vida, a ter a mente aberta e asumir que aínda que hoxe creamos ter razón nalgúns contidos, os avances nalgunhas materias obrígannos a non deixar que os nosos coñecementos anteriores impidan o desenvolvemento da aprendizaxe".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Tanto a familia como os amigos realizaron un gran esforzo para que puidese realizar os meus estudos. Sentíronse parte deles, participaron en diferentes prácticas e finalmente felicitáronme polo esforzo realizado".

Un pequeno xogo: tres adxectivos positivos e tres non tan positivos do teu paso por esta universidade.

"Orgulloso, autorrealizado e feliz. Constancia, sufrimento e entrega".

Que cambios pensas que necesita a UNED?

"Maior trato cos titores e máis ofertas de estudo".

Anímasche a seguir estudando?

"Non pararei de estudar".

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es