O vindeiro venres 20 de xullo, a UNED A Coruña organiza a entrega de diplomas e clausúra oficial do curso, a partir das 11:00 da mañá, no salón de actos da sede na Coruña.
Ao acto, que contará coa presenza de Francisco Javier Abad Pardo, secretario xeral de Política Social da Xunta de Galicia, confirmaron asistencia representantes dos concellos que integran o Programa Sénior, Aranga, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade, Guitiriz, Rianxo, Lousame e as dúas últimas incorporacións, Porto do Son e A Baña.
Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado, estará acompañado por Luis Anxo Rodríguez Patiño, coordinador do Programa Sénior e a súa alma mater.
Este ano a tradicional Lección de Clausura será impartida polo museólogo, técnico de xestión cultural e responsable da materia "Historia de Galicia", Felipe Senén López Gómez, e levará o título “Virtualidade e realidade nos novos sistemas de educación”.
A configuración desta alternativa de estudos na UNED coruñesa é única. A universidade desprázase a distintos puntos do rural para que os maiores con máis dificultades de acceso a estudos superiores, poidan optar a esta formación. Tanto a variable de idade -a media de idade de alumnos matriculados é superior a calquera programa sénior semellante- os distintos puntos onde se imparte docencia e a pluralidade de temáticas no plan de estudos, e a súa natureza dinamizadora, converten este Programa nun proxecto singular e único.
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en: