Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

“A Saia Raíña” Mulleres enloitadas no século XXI: conferencia e visitas guiadas

13 de marzo de 2019

Mañá xoves 14 de marzo terá lugar a conferencia e visionado do audiovisual, que se pode seguir en modalidade presencial e en streaming directo; as visitas guiadas comezarán a partir da semana próxima

O Centro UNED da Coruña está a organizar diferentes actividades ao redor do proxecto “A Saia Raíña”, realizado por Rita Más Ybáñez e que se celebrarán ao longo das próximas semanas. A primeira delas será a charla "A Saia Raíña: Mulleres enloitadas no século XXI", de carácter cultural e de acceso gratuíto, comezará ás 19:00h no salón de actos da sede da UNED da Coruña; aínda que tamén se pode seguir online, a través de streaming directo.

A conferencia baséase no traballo de investigación que Rita Máis Ybañez realizou sobre as mulleres que visten de loito na Galicia actual. Deste proxecto, xurdiron, como resultado, unha exposición itinerante e un audiovisual, que tamén se poderán visualizar a través das actividades organizadas pola UNED en colaboración co Centro Ágora da Coruña.

CONFERENCIA E AUDIOVISUAL:

“A SAIA RAIÑA” é unha exposición de testemuños, non é unha exposición fotográfica, nin unha exposición de videocreación. Así define a autora o traballo que presentará nesta conferencia, na que explicará as motivacións que lle levaron a realizar este proxecto e o longo camiño transcorrido ata que se materializou nunha exitosa exposición itinerante. Como ela mesma explica, o seu labor foi a de escoitar e mostrar; dar voz a quen non fose escoitada e mantivo un costume que, polo menos, desvela de novo unha desigualdade existente entre homes e mulleres, tanto no acceso á cultura, ás festas e participacións sociais, como no status persoal e mesmo no dereito de manifestar os seus sentimentos.

Durante a conferencia, a autora falará das súas informantes: mulleres para as que o loito ten un significado especial, formando parte da súa identidade, da súa cotidianidade, pero tamén das súas resistencias. Pois, como di, a autora “a dor axuda a superar a gran ausencia dos seres queridos, pero non é fácil entender como as avoas, tías, irmás, fillas e nais galegas eran criticadas cando rompían o costume de gardar loito para poder exercer a liberdade de elixir a cor nas súas vidas”.

As fotografías e gravacións que dan lugar á exposición e ao audiovisual deste proxecto foron recollidas entre 2006 e 2018 por distintas aldeas, municipios e cidades galegas das catro provincias.

A actividade terminará co visionado do audiovisual que dá título á charla no que se recollen os testemuños das mulleres.

   

EXPOSICIÓN E VISITAS GUIADAS:

A exposición pódese visitar no Centro Ágora (Lugar Gramela, 17- 15010 A Coruña) do 28 de febreiro ao 17 de abril e está organizada polo Concello da Coruña a través do Servizo Municipal de Bibliotecas. Desde o Centro UNED da Coruña están programadas dúas visitas guiadas, organizadas en colaboración co Centro Ágora da Coruña. Durante estas visitas, a autora explicará in situ o significado e historia que hai tras cada imaxe.

As visitas celebraranse os días 20 de marzo ás 12h e o 03 de abril ás 18h. Hai 20 prazas dispoñibles para cada unha delas, destinadas á poboación en xeral (aínda que se priorizará ao alumnado do Centro, profesorado e PAS). É necesaria a inscrición previa para poder asistir.

Rita Más Ybáñez é poeta, escritora, directora creativa de Papuxa comunicación, estudante de Antropoloxía social e cultural na UNED. Tamén colabora como redactora de prensa, locutora de radio, na produción de televisión e como directora creativa en axencias de publicidade. Fai recitais poéticos, imparte cursos e charlas sobre guión, deseño editorial e outras disciplinas en centros educativos e culturais de diferentes cidades. Ten formación en Antropoloxía visual (Círculo de Belas Artes, Madrid) e recibiu, entre outros o Premio Vídeo Poema Mirando ao mar (Concello de Carballo. Xunta de Galicia. Consellería de Pesca); Premio Foto Poema e Mural (Carballo, 2016); Premio nacional de poesía Jaime Gil de Biedma (La Nava, Segovia). Recentemente tamén gañou o premio da Concellería de Igualdade de Vigo con motivo do 8 de marzo e os seus carteis asolagaron a cidade.

Todas estas actividades, ademais, forman parte das actividades formativas complementarias da Programación especial con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller no Centro UNED A Coruña. Podes descargar o folleto informativo aquí

INFORMACIÓN E MATRÍCULA NAS DISTINTAS ACTIVIDADES:

  • Podes inscribirte na conferencia aquí.
  • Se queres inscribirte na visita guiada do día 20 de marzo ás 12h podes facelo aquí
  • Se queres inscribirte na visita guiada do día 03 de marzo ás 18h podes facelo aquí.
  • Podes descargar o panfleto informativo sobre a charla aquí.
  • Ademais, podes consultar a información do proxecto, así como as fotografías e audios que dan lugar á exposición e o audiovisual aquí
 

Máis información na Secretaría do Centro UNED da Coruña (rúa Educación, 3- 15011 A Coruña) no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

>>Nota de Prensa<<

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es