Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia: "A Armada no exterior: de Finisterre a Madagascar"

20 de marzo de 2019

Actividade gratuíta aberta ao público en xeral incluída nos Xoves culturais na UNED A Coruña que se celebrará o próximo 21 de marzo nas modalidades presencial e en liña (streaming directo)

Mañá xoves 21 de marzo ás 19:00h terá lugar a conferencia "A Armada no exterior: de Finisterre a Madagascar”, a cargo do Capitán de Fragata José María Fuente de Cabo.

A finalidade desta actividade cultural, organizada en colaboración coa Subdelegación do Ministerio de Defensa na Coruña, é dar a coñecer a experiencia da Armada nas misións internacionais, especialmente nas relacionadas con tarefas humanitarias, abordando entre outras cuestións, o drama migratorio no Mediterráneo e a piratería no Océano Índico.

José María Fuente de Cabo é Capitán de Fragata do Corpo Xeral da Armada e Diplomado en Estado Maior das Forzas Armadas. Case toda a súa vida profesional transcorreu en buques, con actividade operativa predominantemente internacional. Realizou estancias en máis de 40 países de tódolos continentes, o que lle levou a traballar con Mariñas moi diversas, tanto da UE e da OTAN, como doutras contornas. Na súa traxectoria profesional destaca a súa experiencia como Xefe de Estado Maior do Cuartel Xeral, embarcado nas Operacións Sophia (2016) e Atalanta (2017), das que falará nesta conferencia.

A actividade, que se desenvolverá no salón de actos da sede da UNED da Coruña, é gratuíta, aberta ao público en xeral e tamén se pode seguir por internet na modalidade de streaming (directo); para iso é necesario inscribirse na actividade (podes facelo aquí)    

Esta conferencia inscríbese na programación Os Xoves Culturais na UNED A Coruña. Podes consultar máis información sobre as actividades que compoñen este programa aquí.

Máis información no servizo de secretaría do Centro UNED A Coruña (ruá Educación, 3 – 15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

>>Nota de prensa<<

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es