Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Control externo

Auditorías e fiscalización

Todos os anos, as contas do Centro Asociado UNED-A Coruña pasan por unha serie de controis externos que garanten unha correcta xestión económica dos seus recusos.

Con carácter xeral e durante o primeiro trimestre de cada exercicio, a Dirección do Centro presenta as contas anuais aos representantes das institucións que integran o consorcio do Centro Asociado UNED-A Coruña para a súa aprobación. Cabe recordar que o consorcio está actualmente integrado pola Consellería de Educación de la Xunta de Galicia, os Concellos de A Coruña e Ferrol e a UNED.

Así mesmo, con motivo da firma de convenios de colaboración específicos, ou da obtención de subvencións adscritas a fin, remítense as correspondentes xustificacións económicas aos organismos competentes para a súa comprobación e liquidación.

Pola súa banda, aténdense os eventuais requirimentos efectuados pola auditoría interna da sede central da UNED coma as auditorias anuais ás que se somete ó Centro Asociado UNED A CORUÑA pola Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) a través do Vicerrectorado de Centros Asociados.

Dende o ano 2015 o Centro Asociado deposita as suas Contas anuais no Consello de Contas de Galicia.

Finalmente, o Centro cumpre as súas obrigas tributarias de cara á Axencia Estatal da Administración Tributaria, que obviamente supón unha vía máis de control da xestión económica efectuada.

Hoxe subliñamos
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 26/27+info
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: El Servicio de Biblioteca del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado:
Los días 26 y 27 de febrero, en horario de tarde.
Los días 4 a 20 de marzo, ambos incluidos, en horario de mañana.
El aula de estudio permanecerá abierta en su horario habitual
Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es