Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Es membro da nosa comunidade universitaria con inquietudes artísticas e necesitas espazo para presentar a túa obra?

16 de enero de 2015

Plataforma14 chega para fomentar e divulgar o teu talento.

Que é Plataforma14?

É unha iniciativa do Centro Municipal de Inforación Xuvenil, CMIX, a través do Forum Metropolitano, que consiste na cesión libre dunha sala de exposicións para que que mozos creadores poidan dar a coñecer, visibilizar e potenciar a súa obra ao público en xeral.

A quen vai dirixida esta iniciativa

  • Particulares. Creadores con idades comprendidas entre 15 e 35 anos, vinculados á nosa cidade; que nacesen, residan, traballen ou estuden nela. Os menores de idade deberán estar representados polo seu pai/nai/titor legal.
  • Colectivos de artistas. Polo menos o 75% da persoas que integren o dito colectivo, cumpran o requisito de vinculación coa cidade establecido no punto anterior.
  • Centros educativos que impartan estudos regulados oficiais vinculados coa creación artística.
  • Entidades sen ánimo de lucro, que queiran promover unha exposición vinculada coa creación ou cultura xuvenil.

Prazo de solicitude:

Está aberto todo o ano.

Que tipo de obra podes presentar?

Obras incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que se poidan axustar ao espazo expositivo e o seu equipación.

Durante cantos días podes expoñer a túa obra?

20 días hábiles.

Ten algún custo?

A cesión do espazo é totalmente gratuíta

Máis información:

CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL

cmix@coruna.es

Teléfono: 981 18 42 94

Web

Síguenos en Facebook.

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es