Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

¿Es alumno/a? Participa nos cuestionarios de satisfacción 2019

28 de mayo de 2019

Xa están abertos os cuestionarios para a avaliación docente e titorial anual e do segundo cuadrimestre, podes participar ata o 30 xuño

Se es alumna ou alumno de grao, máster, curso de acceso ou idiomas na UNED, podes participar nos cuestionarios de satisfacción para avaliar as actividades docentes e titoriais das materias anuais e do segundo cuadrimestre. As respostas son confidenciais e a participación anónima

Coa información recollida a través destes cuestionarios os equipos docentes, o profesorado titor e o propio Centro Asociado poderán coñecer cales son as valoracións obtidas poder emprender accións de mellora. 

Cuestionarios dispoñibles ata o 23 de xuño:

  • - Actividade docente e titorial dos cursos de idiomas do CUID.

Cuestionarios dispoñibles ata e 30 de xuño:

  • - Actividade docente das materias de grao e máster.
  • - Actividade titorial das materias de grao.
  • - Actividade docente de materias de prácticas profesionais de grao e máster.
  • - Actividade docente e titorial do curso de Acceso.
  • - Avaliación dos servizos que ofrece o Centro Asociado.

Modo de acceso:

  • - Entra no "Campus UNED" e pica sobre o menú “Cuestionarios” ou ben preme aquí (debes estar autenticado co teu nombre de usuario e contrasinal)

Unha vez pechados os cuestionarios, os datos serán xestionados pola Oficina de Tratamento da Información, o que garante a confidencialidade das respostas. Posteriormente, os resultados serán publicados no Portal Estatístico.

¡Anímate e participa! 

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Hoxe subliñamos
Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Horarios provisionais+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Convocatoria pública. Vacantes de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2025-26)+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es