Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Mediación en el ámbito familiar

4 de noviembre de 2016

Os días 11 e 18 de novembro na sede da Coruña.

A UNED da Coruña acolle o curso "Mediación no ámbito familiar" os días 11 e 18 de novembro. Será na sede da Coruña e está previsto que se poida seguir nas modalidades presencial e streaming.

A Mediación é un proceso de resolución de conflitos que permite ás partes implicadas, comunicarse evitando o litixio. O papel do mediador preséntase como facilitador durante o proceso, cuxa función é propiciar un espazo aberto de diálogo onde se poidan satisfacer as necesidades das partes involucradas, baixo as premisas de cooperación mutua e consenso.

Este curso ten como obxectivo fundamental proporcionar formación práctica para aquelas persoas que xa dispoñen dunha base teórica do proceso de Mediación. Durante as dúas sesións programadas presentaranse supostos prácticos tanto de Mediación familiar, con procesos xudiciais xa iniciados como mediacións extraxudiciais, dentro do ámbito familiar: separacións, divorcios, herdanzas e relaciones pais-fillos.

Rosa Sánchez González-Dans, avogada e mediadora, estará á fronte deste curso que dirixe Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado. Esta actividade formativa enmárcase dentro da última edición do Ciclo de Mediación que desde hai varios anos, este Centro Asociado programa con carácter anual.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es