Mapa web
Youtube
Instagram
Linkedin
Campus UNED

Noventa alumnos dixeron adeus ao curso de verán celebrado no centro penal de Teixeiro

11 de julio de 2016

Tres intensas xornadas onde se reflexionou e debateu ao redor da reinserción e a reeducación.

O pasado venres 8 de xullo finalizou, nas instalacións do centro penal de Teixeiro, o curso de verán que organizou este Centro Asociado, "As novas vías de resinserción: módulos terapéuticos e módulos de respecto", coa asistencia de Germán Carro Fernández, director do centro universitario.

Ao redor de noventa inscritos tiveron a oportunidade de reflexionar ao redor da reinserción dos privados de liberdade e á reeducación; as ferramentas e mecanismos ao alcance as institucións, así como os fundamento legais, alicerces básicos que sustentan estes dereitos.

A formación pechouse coa visita dos cursillistas a un módulo terapéutico. Da man dos internos, fíxose un percorrido polas dependencias do edificio, aberto desde o 21 de marzo de 2006. "Trabállase co respecto á norma, a educación, o respecto", comentaba un dos internos, "todos velamos polo bo funcionamento do módulo". Unha dos obxectivos que máis valoran os internos do paso por este módulo é a recuperación da familia, "é un verdadeiro estímulo á reinserción, con resultados" -comentaban- "un constante reforzo positivo que nos fai sentir ben".

A estrutura e funcionamento interno do módulo é simple: os sesenta internos divídense en grupos de doce a dezaseis membros, encabezados por un encargado, que se responsabililiza do seu correcto mantemento. Trabállase baixo os principios de dous alicerces básicos: a educación; é necesario estudar polo menos ata o ensino básico, e os grupos de autoaxuda, para modificar condutas día a día.

Espazos comúns de Biblioteca, sala de reunións, espazos habilitados para talleres (pintura, marquetería, etc.) así como o exercicio físico, constitúen as ferramentas que fomentan as valoradas rutinas, conceptos polos que se esforzan e empregan parte do seu tempo.

 ------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es