Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Asociado na Coruña obtén unha certificación máis que avala a calidade nos seus servizos

19 de diciembre de 2013

Trátase do Proceso que garante o Sistema de Garantía Interna de Calidade nos Centros Asociados, SGIC-CA e que na actualidade, teñen moi poucos Centros.

O Centro Asociado obtén un novo certificado de calidade que avala a boa praxe na súa xestión.

Neste caso trátase dun modelo que desenvolve a Cátedra UNED Cidade de Tudela, á súa vez acreditada pola ANECA e que traballa en colaboración co Comité de Calidade dos Centros Asociados.

Este proceso forma parte do Plan de Calidade da UNED, sistema ratificado polo Consello de Goberno desta universidade.

Este recoñecemento vén a acreditar que o sistema implementar polo Centro Asociado na Coruña cumpre cos requisitos de aplicación do Sistema de Garantía Interna de Calidade. Conseguir unha maior calidade nos servizos e homoxeneizar a xestión de procesos na xestión, son dous dos obxectivos fundamentais neste proceso.

O reitor da UNED, manifestou o seu recoñecemento, "resultado do esforzo, da análise do servizo que presta, da reflexión dos puntos críticos e do esforzo de mellora".

Acceder ao Vídeo institucional desta noticia.

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es