Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

338 quilos de axuda e xenerosidade para os máis necesitados

20 de febrero de 2014

O presidente do Banco de Alimentos Rías Altas e a dirección do Centro Asociado, agradecen a participación na campaña de recollida de alimentos que se celebrou do 3 ao 14 de febreiro.

José Luis Castro-Acuña, presidente do Banco de Alimentos Rías Altas, agradeceu expresamente á dirección do Centro Asociado o desenvolvemento da campaña promovida en favor dos máis desfavorecidos, así como a todas as persoas que se achegaron a depositar alimentos.

Campaña que tivo lugar as dúas primeiras semanas de febreiro nas instalacións do Centro e onde se conseguiron un total de 338 quilos de alimentos.

En palabras de Castro-Acuña: "Quero agradecier o esforzo solidario por colaborar na medida das súas posibilidades a atenuar os problemas alimenticios de tantas persoas necesitadas como encontramos no noso ámbito. Xestos como o seu ennobrecen e dannos a todos a esperanza dunha sociedade futura máis solidaria e xusta."

Grazas a todos os que fixestes posibles estes 338 quilos de xenerosidade.

Noticia da Campaña na web

Web do Banco de Alimentos Rías Altas

cam00096web
Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es