Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Coñeces que técnicas de inserción laboral son as máis útiles no teu proxecto de futuro?

21 de febrero de 2014

Actividade onde os obxectivos son adquirir toda a información e coñecementos necesarios para acceder ao mercado laboral.

Durante toda a xornada de hoxe, en sesións de mañá e tarde, o Centro Asociado acolle un curso que abordará as opcións formativas e laborais dispoñibles, tendencias de mercado ou como realizar unha avaliación profesional, entre outros temas.

Elección formativa de postgrao; concocer os distintos Másteres que ofertan as Universidades, Programa de Doutorado, axudas ao estudo, etc.. ou mobilidade á Unión Europea e as súas redes de información.

Daranse a coñecer os diferentes sistemas de avaliación de potencial profesional así como as directrices para deseñar un proxecto profesional a curto, medio e longo prazo. Falarase tamén das competencias de empleabilidad e dos novos depósitos de emprego.

Para completar o programa, haberá oportunidade de abordar os criterios para a elaboración tutorizada do traballo a distancia e o Plan de Empresa.

Imaxe de esquerda a dereita: Adelina M. Edreira, técnica de Información CMIJ Concello da Coruña, Carmen Delia García Fuentes, coordinadora do COIE e profesora titora no Centro Asociado e María Días de Robles, responsable do SAEE e profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña.

Web do curso.

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es