Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Entrega de diplomas

31 de marzo de 2014

Os sénior da Coruña, aula de Rianxo, reciben por primeira vez o recoñecemento ao seu esforzo como alumnos UNED.

Alegría e emoción. Foron sentimentos que se viviron durante a intensa xornada do sábado no salón de actos nas instalacións do auditorio municipal do Concello de Rianxo. O seu rexedor, Adolfo Muiños, entregou os diplomas da materia de informática, correspondentes á superación do primeiro cuadrimestre deste curso. Muiños estivo flanqueado por Antón Vilariño, responsable do proxecto sénior en Rianxo, e Miguel Somoza, profesor de Historia da Educación na UNED, Madrid.

Todos os presentes sinalaron o éxito deste programa que permite a maiores de 55 anos, adquirir novas destrezas, desenvolverse en campos diferentes e pouco coñecidos ata o momento, aprender e adoptar novos coñecementos pero sobre todo, permite mellorar a calidade de vida de todos os alumnos que asisten regularmente ás actividades programadas.

Imaxe: Diario de Arousa

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es