Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

11.323 préstamos e renovacións a 5.019 usuarios potenciais durante o 2013

18 de abril de 2014

A Biblioteca do Centro Asociado en cifras.

Coñeces todos estes datos da Biblioteca do Centro Asociado?

Ten na súa colección bibliográfica os seguintes fondos:

  • Monografías: 31.601
  • Publicacións periódicas escritas: 31 títulos
  • Diapositivas: 500
  • Videos e DVD: 629
  • CD-ROM: 133

Sabes cantos usuarios utilizan habitualmente estas instalacións?

  • Alumnos, profesores titores e persoal de administración e servizos suman un total de 5.019 usuarios

E cantos préstamos?

  • Entre préstamos domiciliarios e renovacioneas un total de 11.323. E a cifra incrementa cada cano.
  • O número total de préstamos entre Bibliotecas ascende a 118.

Sabes que se poden facer reservas? Sabes cantas xestiona a Biblioteca?

  • Aceptadas: 1.883
  • Denegadas: 641
  • Aceptadas pero non recogidas:346

A estes números hai que sumar o compromiso de constestar as demandas no mesmo día (salvo fins de semana, estas solicitudes xestiónanse o luns seguinte).

Interésache saber

  • Cada préstamo pódese renovar por outros 15 días máis sen saír de casa; vía telefónica ou vía internet dende a páxina do Centro Asociado A Coruña aquí, sempre e cando ninguén o solicite con anterioridade.
  • Pódense solicitar dúas reservas simultáneamente, aquí.
  • O Centro Asociado dispón de toda a bibliografía básica das titulacións que imparte e parte da bibliografía complementaria.

Aínda segues sen coñecela?

Máis información aquí.

Datos correspondentes ao ano 2013.

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es