Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Mais de 400 horas de formación transversal no Centro Asociado

23 de abril de 2014

Coñece a oferta de actividades complementarias para o desenvolvemento e mellora persoal e profesional.

Hai uns días un diario dixital de ámbito nacional, publicada varios artigos sobre a necesidade de formar mozos en habilidades transversais; motivación, traballo en equipo, capacidade de negociación, resolución de conflitos, idiomas ou formación en novas tecnoloxías.

Este medio apuntalaba de forma oficial a demanda das grandes empresas dentro das súas propostas de traballo a aqueles candidatos que compiten por sumar en equipo. Esta crecente necesidade laboral pon de manifesto un baleiro na actual oferta de estudos superiores oficiais.

Iniciativa, adaptabilidade ou capacidade para comunicar, en que plan de estudos dunha Universidade española se integran? Habería distinción se falamos de Ciencias ou Humanidades?

Mentres se traballa para conseguir un consenso entre a actual oferta e demanda e as institucións públicas non inclúan de forma xeneralizada esta formación transversal en todos os plans de estudo, é necesario encontrar unha solución que resolva esta demanda empresarial.

O Centro Asociado non é alleo a esta formación complementaria. Dende hai uns anos oferta no seu Plan de actividades de Extensión Universitaria, diferentes cursos para o desenvolvemento e mellora destas habilidades. Na actualidade mantéñense en activo as seguintes actividades:

Un total de 429 horas apostando pola aprendizaxe e control de ferramentas multidisciplinares co obxectivo de desenvolver habilidades emerxentes e necesarias no actual escenario laboral.

Máis información, secretaría A Coruña: 981 14 50 51, secretaría Ferrol: 981 36 40 26.

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es