Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

14 de mayo de 2014

Máis de 400 alumnos accederon aos cursos que alí se ofertan durante este curso académico.

Dende o comezo deste curso académico 2013/2014, algo máis de catrocentos alumnos accederon á formación extracurricular que dende a Aula de Ferrol, se ofrece para os alumnos da UNED e o público en xeral.

Que cursos se impartiron? Disciplinas como Coaching, Delitos na Seguridade Vial, Vioencia de Género, ou as habituais Xornadas de apoio tecnolóxico e Técnicas de Estudo, formaron parte desta oferta formativa organizada polo propio Centro Asociado. Este programa formativo completábase con actividades de Campus Noroeste; taller de escritura en Internet, educación Infantil, o álbum familiar como documento histórico e antropolóxico e a rehabilitación cognitiva de demencias, foron outras das áreas que se trataron.

En definitiva, formación multidisciplinar co obxectivo de satisfacer, tanto a demanda de créditos extracurriculares por parte de alumnos matriculados, coma as inquietudes culturais e educativas do público en xeral.

A Aula de Ferrol comezou as súas actividades académicas no curso 1989/1990. Dereito e Acceso foron as primeiras carreiras que impartiron materias nesta extensión coruñesa, hoxe en día a oferta formativa oficial é moito máis ampla, abranguendo numerosas materias das titulacións superiores oficiais.

Información, secretaría, biblioteca e titorías, son algúns dos servizos que dispón o alumno da UNED nesta extensión universitaria.

Localización: rúa María, 52-54, 15402 de Ferrol. Contacto: 981 36 40 26, correo-e: info@ferrol.uned.es.

Na imaxe de cabeceira, o relator dos cursos "A violencia de xénero, aspectos policiais e xudiciais, e "Delitos contra a seguridade vial"; o maxistrado Carlos Suárez-Mira Rodríguez. Na segunda imaxe o Doutor en Historia e titor do Centro Asociado UNED-A Coruña, José Carlos Llana Rodríguez durante a súa intervención no curso "O álbum familiar como documento histórico e antropolóxico.

20140404183302web
Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es