Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Unha vez máis, grazas por participar na campaña de recollida de alimentos

15 de diciembre de 2014

En colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas.

En novembro deste ano comezaba a campaña de colaboración do Centro Asociado e o Banco de Alimentos Rías Altas. Nunha primeira fase celebrouse unha charla informativa a cargo de Carlos Martul Álvarez, responsable de difusión de Universidades do Banco de Alimentos Rías Altas, onde se abordaron as seguintes cuestións: Que son os Bancos de Alimentos? Que é o Banco de Alimentos Rías Altas? Como funcionan? Cal é o seu labor? Quen son os seus beneficiarios? Como reparten a axuda social recibida? Como se financian? O papel fundamental do voluntariado na supervivencia da entidade.

A recollida de alimentos, segunda parte da campaña, transcorreu no propio Centro Asociado e sumáronse os alumnos de Historia da UNED Sénior dende as súas diferentes localidades, que doaron os alimentos á Cocina Económica de Ferrol.

Un total de 352,22 Kgs. de alimentos e 450 euros, foi a suma de agradecemento e colaboración por parte de todos os participantes.

Unha vez máis, grazas.

Accede á noticia da Campaña.

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es