Acceso aos exames
15 de enero de 2015
Como realizar o carné de estudante e presentalo o día do exame.

Carné de estudante. Hai dous forma de formalizalo:
Presencialmente no Centro Asociado
-     No Servizo de Secretaría do Centro Asociado.
 -     Necesario traer o DNI.
 -     Faise e entrégase no momento.
 
Por correo electrónico ou correo postal
-     Necesario achegar unha fotografía dixitalizada, en formato jpg.
 -     Acompañala coa fotocopia do DNI.
 -     Nuns días enviarano á dirección sinalada no correo, ou ben pódese pasar a recoller na Secretaría do Centro Asociado.
 
Como presentalo o día do exame
-     Mostra a túa documentación no posto de control de entrada á aula: DNI e carné de estudante UNED.
 -     O teu carné será lido por unha lectora óptica, descifrando a información necesaria para que se imprima o teu exame, cos teus datos persoais e a indicación exacta do asento que se che asignou na aula: fila e columna onde debes sentarte.
 
Para máis información, contacta coa Secretaría do Centro Asociado no teléfono, 981 14 50 51 na sede A Coruña e 981 36 40 26, na Aula de Ferrol.
Recorda, o día do exame ven provisto co teu carné de estudante e co teu DNI.
Accede á  Guía de como examinarte
------------------------~()~-----------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
Google+
Youtube