Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

27 de octubre de 2016

Curso "Introdución ao dereito de Estranxeiría" os días 10 e 11 de novembro.

A aula ferrolá da UNED, acollerá os próximos 10 e 11 de novembro en xornada de tarde, o curso "Introdución ao dereito de Estranxeiría", formación que poderá seguirse de forma presencial, por streaming ou en diferido.

A docencia correrá a cargo de Elena Maison Díaz da Rocha, licenciada en Dereito e experta en cooperación ao desenvolvemento e Carlos Villar Arévalo, licenciado en Dereito e especialista en Dereito de Estranxeiría e Migracións. Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora Centro UNED A Coruña, asumirá a dirección desta actividade formativa.

O programa do curso fíxase como obxectivos de contido formativo, a formulación de coñecementos xerais sobre movementos migratorios; as súas causas; a situación actual e a identificación das rutas actuais de tráfico ilegal de persoas; trata de seres humanos e o modus operandi das mafias. Falarase tamén do territorio Schengen.

Durante a segunda sesión do curso, abordaranse os aspectos xerais de estranxeiría e fronteiras; cruzamento de fronteiras: requisitos de entrada e saída do territorio Schengen, visado e tipos de visados. A expulsión fronte á devolución, a denegación e prohibición de entrada e os centros de internamento de estranxeiros.

A asistencia ao curso debidamente acreditada, permitirá a concesión de 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Esta formación está dirixida a membros das Forzas e Corpos de Seguridade: Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Policías Autonómicas. É unha temática interesante para calquera profesional do Dereito que interveña no proceso penal (avogados, procuradores, etc.), así como estudantes do Grao ou Máster en Dereito, Criminología, Psicoloxía.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Hoxe subliñamos
AVISO: El 08-01 y 09-01 el Servicio de Secretaría del Aula de Ferrol permanecerá cerrado. Disculpen las molestias.
En atención al calendario académico, el Centro UNED A Coruña y Aula de Ferrol permanecerán cerrados del 22-12 al 07-01 ambos inclusive.  Disculpen las molestias
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es