Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Craves para a Comunicación e Investigación Científica no século XXI: retos, oportunidades e " fakes"

15 de octubre de 2018

Curso de especial interese para alumnos matriculados nas materias de Traballo fin de Grao (TFG), Traballo fin de Máster (TFM) e en Doutoramento. Impartirase os días 22, 24 y 26 de outubro, en xornada de tarde desde o Centro Asociado, e nas modalidades en liña e en diferido.

O Centro Asociado UNED A Coruña programa unha nova actividade de interese para alumnos matriculados nos últimos cursos de Grao e en Máster interesados en mellorar as habilidades na elaboración de traballos académicos -Traballos de Fin de Grao (TFG) e Máster (TFM)- e tamén profesorado e público en xeral que queiran abordar todas as cuestións relativas á análise, deseño, revisión e divulgación de documentos científicos.

O curso "Craves para a Comunicación e Investigación Científica no século XXI: retos, oportunidades e " fakes", celebrarase os días 22, 24 y 26 de outubro na sede do Centro na Coruña -en xornada de tarde- nas modalidades en liña e en diferido. Ao seu termino certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración, (procedemento en trámite).

José Manuel Varela Senra, doutor en Ciencia e Tecnoloxía e profesor titor en Centro Asociado, será o encargado de dirixir e impartir o curso.

O programa tratará amplamente os tipos de formatos na comunicación e investigación científica e todos os aspectos referentes ás fases e desenvolvemento dun traballo académico. Traballarase en profundidade como identificar e examinar as diferenzas que hai entre os diferentes textos científicos: divulgación, educación ou investigación e afrontaranse os límites éticos da comunicación e a publicación científica.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es