Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso “Novas perspectivas da execución de penas privativas de liberdade”

9 de abril de 2019

Celebrarase os días 25 e 26 de abril na Aula UNED de Ferrol, en modalidade presencial e online (streaming directo e diferido), ten recoñecido 1 ECTS e está homologado provisionalmente pola AGASP

A Aula UNED de Ferrol acolle os días 25 e 26 de abril o curso "Novas perspectivas da execución de penas privativas de liberdade", dirixido a estudantes de diferentes especialidades -dereito, criminoloxía, socioloxía, psicoloxía e educación social entre outros- e a profesionais que interveñen en calquera das fases do procedemento penal -avogados, funcionarios de prisións, forzas e corpos de seguridade do Estado e outros- que poidan interesarse por cuestións relacionadas coa prevención do delito e o tratamento de delincuentes.

O curso, impartido por Rafael Martínez Fernández e dirixido por Carlos Suárez-Mira Rodríguez, ten como obxectivo analizar os conceptos que conforman o contido básico da execución penal: réxime, tratamento, graos de clasificación, liberdade condicional, permisos de saída, expulsión penal, entre outros. Pero tamén, presentar unha visión analítica das decisións que adopta a administración sobre os penados e as implicacións que teñen para o recluso; visualizar a actividade da administración penal dirixida a conseguir a reeducación e reinserción social dos penados desde un punto de vista práctico; e comprender a finalidade dos diferentes programas de tratamento con que conta a administración, especialmente o programa de módulos de respecto

O proceso penal non finaliza coa sentenza condenatoria, senón que a partir dese momento iníciase unha etapa de especial transcendencia para o penado: a execución ou cumprimento da pena imposta. O curso centrarase no desenvolvemento desta segunda etapa, analizando os aspectos máis importantes que configuran a execución das penas de prisión a partir das últimas reformas penais

Trataranse cuestións relevantes e controvertidas que afectan á cantidade de pena a cumprir, abordando, entre outras cuestións, as posibilidades de redución da condena por acumulación de penas, a execución da pena de prisión permanente revisable e a substitución da pena por expulsión prevista para estranxeiros. Un programa completo co que se pretende achegar a calquera persoa que queira coñecer e sobre todo, entender, unha realidade social descoñecida -a penal- desde unha perspectiva práctica

Rafael Martínez Fernández, é profesor asociado de Dereito Penal na Universidade de León e funcionario de carreira do Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penais, Especialidade Xurista. Participou en proxectos nacionais e internacionais do ámbito penal, e ten no seu haber diferentes publicacións. Destaca o seu labor como asesor internacional, xa que foi contratado como experto pola COMJIB (Conferencia de Ministros de Xustiza de Iberoamérica) coa finalidade da elaboración dun modelo de xestión produtiva e comercial no ámbito penal colombiano (2014) e para levar a cabo unha asesoría especializada consistente na elaboración dun modelo normativo que regule as relacións laborais no ámbito penal en Colombia. No marco do proxecto Inserción socio-laboral das persoas privadas de liberdade (2015). 

O curso consta de 25 horas lectivas e pode seguirse na modalidade presencial e online, tanto en streaming directo como en diferido. Conta co recoñecemento de 1 crédito ECTS e, ademais, coa homologación provisional da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).     

Podes matricularte no curso aquí.     

Máis información no servizo de Secretaría da Aula UNED de Ferrol (r/ María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es