Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Biblioteca UNED A Coruña. Día do Libro 2019

9 de abril de 2019

Participa na elaboración do mosaico deste ano, ¿que nos recomendas ler? Prazo ata o 22 de abril

Desde a Biblioteca do Centro Asociado á UNED da Coruña queremos confeccionar entre toda a comunidade universitaria (alumnado, profesorado titor e persoal de administración e servizos) un mosaico de libros para celebrar o Día do Libro 2019.

Somos unha comunidade universitaria plural e diversa e queremos recoller a paixón pola lectura e compartila.

Recomenda un libro e dinos por que o escolliches. Con todas as aportacións confeccionaremos un mosaico de libros que compartiremos con toda a comunidade universitaria. Son moitos os libros que nos gustan, e aínda que poida ser difícil, escolle e recomenda un!

Se queres participar nesta iniciativa, envía un correo electrónico coa túa recomendación a biblioteca@a-coruna.uned.es. Pode ser un libro de poesía, novela, teatro, ensaio, arte, cómic, etc.

Ademais, entre todas as persoas participantes sortearemos un lote de dous libros de literatura contemporánea.

Tes de prazo para enviar a túa recomendación ata o día 22 de abril.

Anímate a participar!

Máis información en Biblioteca UNED A Coruña (rúa Educación, 3 – 15011 – A Coruña), no teléfono: 981 14 55 60 ou no correo electrónico: biblioteca@a-coruna.uned.es

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es