Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

21 de abril de 2017

Curso "Psicoloxía do testemuño: que é e como se utiliza nun interrogatorio policial e xudicial" os días 27 e 28 de abril, nas modalidades presencial, en liña e en diferido.

A aula universitaria de Ferrol acolle un novo curso: "Psicoloxía do testemuño: que é e como se utiliza nun interrogatorio policial e xudicial" os días 27 e 28 de abril. Esta actividade, que se impartirá nas modalidades presencial, en liña e en diferido, comprende 25 horas lectivas. Solicitouse a homologación pola Academia Galega de Seguridade Pública e está aprobada a conceción de 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Os obxectivos xerais desta actividade formativa, que se enfocan principalmente a membros de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, axentes xudiciais e restantes operadores xurídicos interesados, pretenden sacar o máximo partido ás declaracións obtidas por vítimas e testemuñas dos distintos feitos delituosos.

O programa do curso abordará durante a primeira xornada, a psicoloxía do testemuño: que é e como xorde e na segunda sesión, a validez e credibilidade do testemuño: como saber se unha declaración axústase á realidade.

María Penado Abilleira, doutora en Psicoloxía Legal e Forense, asume a dirección e a docencia do curso, preséntanos un adianto dos contidos do curso.

"Psicoloxía do testemuño: que é e como se utiliza nun interrogatorio policial e xudicial pretende dar a coñecer aqueles elementos tanto no momento do suceso como na recuperación posterior que poden estar a afectar á exactitude das declaracións dos suxeitos implicados en calquera feito (testemuñas e vítimas). Analizaremos as variables do suceso e da testemuña que poden estar a afectar á memoria e deterémonos en realizar unha explicación profunda das técnicas adecuadas para obter a máxima información dunha declaración tanto en adultos como en nenos.

De igual modo estudaremos aqueles indicios verbais presentes na declaración que nos poden indicar que a mesma é verdadeira e deterémonos en estudar os indicios non verbais das testemuñas que afectan dalgunha maneira á súa credibilidade.

Nunha segunda sesión explicaremos os procesos que afectan o recoñecemento de rostros que suceden na identificación de acusados e as rodas policiais, así como os trastornos psicolóxicos que poden afectar a este proceso.

Por último realizarase unha explicación do que é a simulación para diferenciala de constructos similares e abordaremos o fenómeno das falsas memorias ou como o noso cerebro asume como válido algo que nunca experimentamos"

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es