Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol. "Violencia de Xénero. Aspectos penais e proxección civil"

21 de diciembre de 2017

Os días 18 e 19 de xaneiro, nas modalidades en liña e presencial.

A UNED A Coruña, a través da extensión de Ferrol, acollerá, os días 18 e 19 de xaneiro de 2018 o curso "Violencia de Xénero Aspectos penais e protección civil".

Ana Rodríguez Piorno, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, xuíza interina dependente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e profesora titora do Grao de Criminología no Centro UNED A Coruña, será a encargada de impartir a docencia. Actividade dirixida por Milagrosa María Ferrera López.

Ao longo das dúas sesións que comprende o curso, tratarase de identificar as situacións nas que se produce a violencia de xénero e a súa comprensión como un fenómeno estrutural. Abordaranse as ferramentas crave para o seu tratamento, as medidas eficaces de protección e rehabilitación das vítimas, así como os instrumentos necesarios para a súa prevención.

Está previsto o estudo pormenorizado e práctico do procedemento civil e do seu desenvolvemento en Xulgado de Violencia sobre a Muller.

Os detalles do programa contemplan os puntos: a tutela xudicial ante os xulgados, especialidades procesuais e medidas xudiciais de protección e seguridade á vítima.

O curso, de especial interese a membros de Forzas de Seguridade de Estado, está homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Pódese seguir en liña e desde a aula de Ferrol e está certificado con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es