Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Costuras artísticas desde as vangardas ata o aerosol"

29 de marzo de 2017

Conferencia gratuíta prevista para o próximo 5 de abril.

A sección de representantes de alumnos de Xeografía e Historia, integrada na delegación de alumnos do Centro Asociado UNED na Coruña, organiza a conferencia "Costuras artísticas desde as vangardas ata o aerosol". Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa que presenta anualmente este grupo de representantes de estudantes.

Amabel González Troncoso, técnico no Museo de Belas Artes da Coruña, será a encargada da parte expositiva, que se celebrará o vindeiro mércores 5 de abril, a partir das 19:00 horas na sede da UNED coruñesa. O acceso á conferencia será libre e preséntase nunha única modalidade, presencial.

O papel que xogan algunhas artistas que a través da súa obra, e tomando como referencia elementos elementos prestados da costura, denuncian a situación de inferioridade da súa creatividade mostrando sempre polo ollo masculino como un lugar de pracer visual ou a presenza da galería, museo ou pasarela como lugar de denuncia da violencia a través de distintos medios, son algunhas das liñas para tratar na charla.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es