Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

23 de febrero de 2018

Curso "Delitos de apoderamiento e defraudación: impacto das reformas penais de 2015". Os días 1 e 2 de marzo nas modalidades presencial e en liña.

O Centro Asociado UNED A Coruña organiza, na aula de Ferrol, un novo curso de temática legal en colaboración -en termos de homologación- coa Academia Galega de Seguridade Pública.

Co título "Delitos de apoderamiento e defraudación: impacto das reformas penais de 2015", os días 1 e 2 de marzo, o maxistrado e titor do Centro Asociado Carlos Suárez-Mira Rodríguez, explicará e desenvolverá os xéneros de delitos: furtos, roubo con forza, roubo con violencia e intimidación, extorsión e usurpación ou defraudación. Suárez-Mira aboradará -baixo o abrigo legal- concepto, tipoloxía e alcance en cada caso.

As clases poderán seguirse en liña, en diferido ou ben desde as instalacións da aula da UNED A Coruña en Ferrol, situadas na rúa María, 52-54.

Orientado a membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; Policía Nacional, Garda Civil, Policía Local e Policías Autonómicas, así como Policía portuaria, a súa temática é de interese a profesionais do Dereito que interveñan no proceso penal: avogados, procuradores, xuíces,fiscais, letrados da Administración de Xustiza.

A realización do curso certificarase con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es