
O Centro UNED da Coruña acolle o curso "A sociedade cooperativa como estrutura de empresa", especialmente dirixido a estudantes dos graos e másteres en Dereito, Económicas, Empresariais e ADE; avogados/as, economistas, funcionarios/as da Administración e profesionais interesados/as na materia.
O curso, dirixido por Milagrosa Mª Ferrera López e impartido por Angélica Díaz de la Rosa, ambas as doutoras en Dereito, ten como finalidade coñecer, a través dun estudo sistemático e profundo, cales son as características propias da sociedade cooperativa e as vantaxes que presenta a utilización deste tipo de sociedade, moitas delas derivadas da súa propia configuración e, outras moitas, do mandato constitucional dirixido aos poderes públicos para o fomento das mesmas.
Estudarase en profundidade as sociedades cooperativas: a súa orixe, concepto, características, a súa natureza xurídica, mercantilidade e clases; farase especial referencia ás cooperativas de traballo asociado e estudaranse cuestións contenciosas, como a dobre xurisdición.
Milagrosa Mª Ferrera López, é doutora en Dereito, avogada e profesora-titora do Centro UNED A Coruña.
Angélica Díaz de la Rosa, é doutora en Dereito e profesora acreditada titular de Dereito Mercantil da Universidade da Coruña (UDC). Máster en Mediación civil e mercantil, avogada en exercicio ata outubro de 2018 e Conselleira Académica do despacho de avogados DICTUM AVOGADOS.
O curso consta de 25 horas lectivas e pode seguirse na modalidade presencial e online (en streaming directo) e conta co recoñecemento de 1 crédito ECTS.
Podes matricularte no curso aquí.
Máis información na Secretaría do Centro da Coruña (rúa Educación 3 – 15011, A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
-------------------------------{}-------------------------------
Síguenos en: