Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Biblioteca

BIBLIOTECA AULA UNIVERSITARIA UNED-FERROL

A biblioteca da Aula Universitaria de Ferrol é unha extensión da biblioteca do Centro A

asociado de A Coruña. O seu fondo conta aproximadamente con 2000 volumes, principalmente monografías da bibliografía básica das distintas carreiras e cursos de acceso. Destacan por amplitude os fondos de Dereito e Psicoloxía, as carreiras que tradicionalmente teñen maior demanda na cidade. Ademais dispón de toda a bibliografía básica actualizada dos cursos de acceso. Outros fondos, como os correspondentes ás titulacións de Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas ou Educación, están sendo ampliados para atender á crecente demanda.

A biblioteca conta cunha sala de lectura de 40 postos, dispón de dous equipos informáticos con acceso a internet e está provista de rede WIFI.

O servizo de préstamo a domicilio funciona de xeito independente, polo que os préstamos realizados (un máximo de tres cada vez) non se acumulan aos préstamos que se realicen na biblioteca de A Coruña. A renovación dos préstamos pode facerse a través de correo electrónico. Para poder facer uso do servizo de préstamo é necesario ser titor ou alumno matriculado no curso actual. Os antigos alumnos ou alumnos que non teñan formalizado matrícula poden consultar os fondos na sala de lectura.

Pulsa aquí para acceder ao catálogo da biblioteca da Aula Universitaria UNED-Ferrol.

Calquera consulta ou suxestión pode dirixirse aos seguintes correos electrónicos:

Localización:

  • Segundo andar da Aula Universitaria UNED-Ferrol. r/ María, 52-54. 15402-Ferrol.
  • Correo electrónico: bibliotecaferrol@a-coruna.uned.es
  • bibliotecaunedferrol@gmail.com

Horario:

  • Sala de Lectura:

Periodo lectivo
  • Luns a xoves: de 16.00 h. a 20.30 h.
  • Venres de 16 a 18 horas.
Periodo non lectivo
  • Luns a venres: de 9 h. a 13 h.
  • Sala de consulta e préstamo:
Periodo lectivo
  • De luns a xoves: de 16 a 20.30 h. 
  • Venres de 16 a 18 horas.
Periodo no lectivo

Luns a venres: de 9 h. a 13 h.

AVISO.

A BIBLIOTECA DE FERROL PERMANECERA PECHADA ATA NOVO AVISO.Desculpen as molestias.

Horarios provisionais+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es