Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Memoria de actividades

Todos os anos corresponde dar conta da actividade desenvolvida no Centro durante o curso pasado. Con este obxectivo presentamos as memorias, ano tras ano, que constitúen un exercicio de transparencia na xestión, un recoñecemento do labor colectivo realizado pola comunidade universitaria do Centro, e un momento de recapitulación.

Coa elaboración desta memoria de actividades pretendemos:

  • Dar a coñecer as entidades financiadoras (membros da Xunta Reitora), integrantes da comunidade universitaria (estudantes, docentes e persoal de administración e servizos), así como á poboación do noso ámbito de influencia, as principais actuacións e actividades que o Centro Asociado desenvolveu durante cada curso académico.
  • Contar cun instrumento que sirva de axuda na xestión do Centro: que permita obter unha visión de conxunto da traxectoria do Centro e ofrecer datos obxectivos que nos permitan diagnosticar erros e acertos para calibrar mellor o rumbo que debemos seguir no futuro, marcado pola nosa visión, a nosa misión e os nosos valores.

Para iso, proporciónase información sobre aspectos relevantes da vida do Centro:

  • Académicos (Graos ou titulacións impartidas, datos de matrícula, persoal docente....)
  • Extensión universitaria (Cursos, conferencias, exposicións realizadas....)
  • Organizativos (órganos de goberno do Centro, estrutura, servizos, personal.....)
  • Servizos prestados polo Centro (biblioteca, libraría, COIE, TIC.....)
  • Outros proxectos relevantes.

Para coñecer a Memoria do curso académico 2012-13, preme aquí.

Para coñecer a Memoria do curso académico 2013-14, preme aquí.

Para coñecer a Memoria do curso académico 2014-15, preme aquí.

Para coñecer a Memoria do curso académico 2015-16, preme  aquí

Para coñecer a Memoria do curso académico 2016-17, preme  aquí

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es