Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Qué é o plan de acollida?

Benvidos á UNED e ao Centro Asociado UNED A Coruña.

Neste comezo do novo curso 2013-2014 queremos dirixírnos a vos, os nosos estudantes, para agradecervos a confianza demostrada no Centro e para informarvos dos servizos que tedes á vosa disposición para facilitar a vosa traxectoria académica nesta Universidade e, en particular, no Centro da Coruña.

Para que a vosa integración na UNED sexa o máis sinxela e rápida que sexa posible o Centro UNED-A Coruña deseñou un completo Plan de Acollida. Podes consultar aquí todas as actividades que o conforman. Con este Plan perseguimos diversos obxectivos:

  • Realizar unha introdución xeral á UNED, presentando a organización da UNED, todos os servizos que podedes utilizar e facendo especial fincapé na metodoloxía de traballo específica da UNED e as súas particularidades (Xornadas de acollida e Plan de Apoio Tecnometodológico del Campus Noroeste).
  • Resolver dúbidas e proporcionar información máis concreta sobre cada titulación (Coñeces a túa Facultade? Benvida por Facultades (Xornadas " Coñeces a túa Facultade? Benvida por Facultades").
  • Axudarche a manexar con soltura as ferramentas tecnolóxicas propias da UNED, un instrumento esencial na túa traxectoria como estudante desta Universidade (Xornadas de apoio tecnolóxico).
  • Mostrarte como sacar o máximo partido dos recursos que che ofrece a biblioteca (Jornada "coñece a túa biblioteca").
  • Apoiarte na adquisición de técnicas de estudo que che permitan optimizar o teu tempo de estudo (cursos de técnicas de estudo).
  • Axudarte a adquirir competencias esenciais para os teus estudos, ou a encarar aquelas materias que poidan presentar unha maior dificultade (cursos cero).

Se che interesa algunha destas actividades, podes inscribirte aquí, ou contactando coa secretaría do Centro.

Aínda que as actividades están orientadas, sobre todo, aos alumnos de nova incorporación, tamén están abertos a todos aqueles veteranos que desexen actualizar ou afondar nos seus coñecementos sobre os recursos da UNED.

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 17 de mayo, DIA DAS LETRAS GALEGAS. Disculpen las molestias.
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es