Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Selección de profesores titores

O profesor titor é un membro docente da comunidade universitaria da UNED que participa nos seus órganos docentes e de goberno, así como nos dos Centros Asociados, e organiza a súa participación e representación de acordo co previsto na normativa que lle é de aplicación.

A vinculación académica dos profesores titores coa UNED articúlase a través dos departamentos.

No ámbito económico e administrativo, a vinculación dos profesores titores tense co ente xurídico titular do Centro Asociado (a Xunta Reitora).

Os Centros Asociados da UNED convocan concursos de selección de profesores titores encamiñados a cubrir as súas necesidades académicas. Estas convocatorias réxense polo procedemento e calendario establecidos pola Sede Central da UNED.

A selección realízase a través de concurso público de méritos, atendendo aos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade, entre persoas que estean en posesión do título de Graduado, Licenciado, Enxeñeiro ou equivalente e, no seu caso, Diplomado, Enxeñeiro Técnico ou equivalente, en función das esixencias de cada departamento atendendo ás materias a tutelar.

Se desexa consultar o Regulamento de Selección do Profesorado Titor da UNED, de concesión e revogación da venia docendi e vinculación cos Centros Asociados, pulse aquí.

Se quere consultar o baremo aprobado pola Sede Central da UNED e utilizado nos procedementos de selección, pulse aquí.

Se desexa remitir o seu CV para presentar a sua candidatura como eventual profesor titor sustituto, nos casos recollidos no art. 40 do ROFCA do Centro UNED A CORUÑA, pode facelo por calquer medio que permita o seu coñecemento pola Dirección do Centro (mail, correo postal...) Preferentemente cumplimentando o documento normalizado que atopará  nesta ligazón, e remítíndolo a director@a-coruna.uned.es

No ano 2024 o Centro Asociado UNED-A Coruña convocará prazas para profesores titores. Toda a info na sección "Soy Tutor"- "Convocatoria" a partir do 4 de marzo.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es