Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Selección de PAS

O Centro Asociado debe contar co suficiente número de persoal de administración e servizos para asegurar a consecución dos seus fins.

Para iso, os Centros Asociados elaboran, atendendo ás súas propias características, unha relación de postos de traballo (RPT). A súa aprobación e modificación corresponde á Xunta Reitora.

A provisión das prazas consideradas na RPT realízase a través de concurso-oposición de carácter público e atendendo aos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade.

A relación do PAS coa Xunta Reitora é laboral e está suxeita, salvo determinadas situacións administrativas, a convenio laboral. No caso do Centro Asociado UNED-A Coruña, o convenio laboral de aplicación é o Convenio Colectivo do Persoal de Administración e Servizos da propia UNED (para consultalo pique aquí).

Por outra parte, por acordo da Xunta Reitora, o Centro Asociado pode contratar persoal eventual. A contratación de persoal eventual ten a finalidade de cubrir ausencias ou baixas laborais, reforzar o equipo en momentos de incremento da actividade administrativa, cubrir tarefas temporais ou casos similares.

Actualmente o Centro Asociado UNED-A Coruña non ten aberta ningunha convocatoria para a selección de persoal de administración e servizos.

Hoxe subliñamos
Ampliado o prazo de matrícula do CUID ó 16 de noviembro de 2018. Estuda idiomas na UNED nas modalidades semipresencial e on-line.+ info
Horarios provisionais+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Convocatoria pública. Vacantes de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2025-26)+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es