Mapa web
Youtube
Instagram
UNED

Plan de Acollida. Curso 2022/2023

Es novo/a na UNED? Queres estudar con nos? Consulta aquí tódalas actividades e recursos en liña, para que os teus estudos sexan todo un éxito.

O presente curso 2022/2023 será o primeiro no que se recupere a normalidade tras a alerta sanitaria ante o COVID-19. Porén, pregámosvos que manteñades un mínimo de precaucións, como evitar acudir ao centro se se presentan síntomas de contaxio, a fin de evitar novas vagas, e coidarnos mellor uns ós outros.

Co fin de ofrecerche a mellor acollida posible nesta nova aventura do coñecemento, dende o Centro UNED da Coruña, organizamos diferentes actividades para iniciarte no estudo a distancia e informarche de todos os recursos á túa disposición para que poidas realizar os teus estudos con éxito

Nesta sección ademáis, poderás atopar diferentes materiais en liña, que poden serche de utilidade para complementar a túa formación. 

  • Podes ver o vídeo informativo premendo aquí (en castelán).
  • Podes consultar e descargar o díptico informativo sobre as actividades do Plan de Acollida do curso 2021/22 aquí. 

Aproveita as nosas Redes Abertas!

¿Es novo/a na UNED? ¿Gustaríache estudar connosco?

Dende o Centro Asociado da Coruña queremos axudarche a iniciar este curso 2020-2021 poñendo á túa disposición toda a información, formación e recursos para que os teus estudos sexan un éxito. Consulta os nosos obradoiros, webinarios, sesións informativas, etc.

A qué agardas?... ¡Apúntate xa!

  • ¿Sabes como funcionan as titorías, cursos, etc.? ¿sabes como se estrutura o noso Centro? ¿queres coñecer aos teus representantes?

  • Consulta todas as sesións informativas e de benvida para coñecer a nosa universidade, o Centro da Coruña e a Aula de Ferrol pulsando aquí.   

  • ¿Coñeces as nosas plataformas de formación? ¿sabes como xestionar o teu correo electrónico?

  • Consulta os nosos webinarios de formación en habilidades TIC e manexo das plataformas da UNED pulsando aquí.

  • ¿Queres saber máis sobre como organizar os teus estudos? ¿coñeces como acceder á biblioteca do Centro?

  • Consulta todos os webinarios para axudarche a planificar os teus estudos e organizar o teu tempo na UNED pulsando aquí.

  • ¿Non sabes que materias escoller? ¿Queres coñecer as saídas profesionais dun grao, máster, etc.? 

  • ¿Coñeces o Plan de Acollida Virtual da túa Facultade? ¿Queres coñecer os recursos que podes consultar a través da Biblioteca? ¿Coñeces os nosos repositorios virtuais?

  • Consulta regularmente a nosa sección de REDES ABERTAS na que iremos actualizando todos os recursos en liña que a UNED pon á túa disposición. Podes ir a esta sección premendo aquí

¿Es titor/a do Centro?

Dende o Centro Asociado da Coruña tamén organizamos actividades para ti. Consulta os webinarios para mellorar a túa formación e experiencia no noso Centro premendo aquí.

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es