Mapa web
Youtube
Instagram
UNED

Información xeral

Localización e contacto

Planta baixa do edificio do Centro Asociado UNED-A Coruña. Rúa Educación, 3. 15011-A Coruña.

Teléfono: 981 14 59 58

Fax: 981 14 59 58

Correo-e: libreria@a-coruna.uned.es

Horario

  • Periodo lectivo: de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00 h. e de 16:00 h. a 19:00 h. O prazo de matrícula considérase íntegramente periodo lectivo.
  • Periodo non lectivo: de luns a venres, de 09:00 h. a 13:30 h.
  • AVISO IMPORTANTE: Do 27-01-21 ó 17-02-21 o horario de tarde será de 16 a 18 horas. Desculpen as molestias

Servizos

Dentro das dispoñibilidades editoriais e de distribución, a librería do Centro Asociado UNED-A Coruña ofrece:

  • Toda a bibliografía básica de todas as asignaturas, tanto da editorial UNED como doutras editoriais.
  • Venda por encargo de toda a bibliografía e material necesario para o estudo de asignaturas da UNED.
  • O pago pode facerse tanto en efectivo como con tarxeta de crédito. Permítese a reserva de libros.
  • Petición on line de libros: desde a sección de Pedidos on line da web podes encargar os libros que precises á librería do Centro Asociado. Recibirás, por correo electrónico ou a través do teléfono que falicites, a información sobre o estado do teu pedido para que poidas pasar a recoller os libros a medida que estean dispoñibles. Non se envían pedidos a domicilio.

Descontos

Con carácter xeral faise un desconto do 5% en todos os libros.

Ademais, podes beneficiarte dun desconto do 50% en bibliografía básica editada pola UNED se es integrante de familia numerosa de primeira categoría, e do 100% se é de segunda categoría.

Para iso, abonda con que presentes, en orixinal:

  • Título de familia numerosa actualizado.
  • Impreso de matrícula do curso académico correspondente.
  • Carné de alumno do curso académico correspondente.
  • DNI.

Forma de pago

En efectivo ou con tarxeta de crédito.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es