Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Condicións do servizo

Formas de pago

Efectivo e tarxeta: podes pagar en efectivo ou con tarxeta na librería do centro no seu horario de atención ao público.

Pedidos online

Os prazos nos que estarán dispoñibles os pedidos online poden variar en función da dispoñibilidade dos volumes, do stock dos proveedores, do tipo de envío desde a editorial e doutros factores externos.

En todo caso, o servizo de librería emitirá un aviso cando os libros estean dispoñibles, ben por teléfono, ben por correo-e.

Compra directa en librería

A librería da UNED de A Coruña dispón de stock dos materiais básicos dos estudos impartidos no centro. Para a compra de materiales non dispoñibles en stock, os prazos de recepción ponen verse afectados por varios factores (dispoñibilidade de proveedores, libros en reimpresión, libros pendentes de publicar, problemas de transporte, situaciones extraordinarias, etc.). O persoal de librería avisarache cando o teu pedido estea dispoñible para a súa recepción no servizo.

Devolucións

Non se admiten devolucións de libros. Por iso é fundamental que, no momento de recollida do pedido, comproben que levan o material que realmente solicitan e necesitan.

Si se admitirá o cambio en libros con erros de impresión ou defectuosos, sempre que se achegue a factura correspondente.

Ley de protección de datos

Según o disposto na Ley de Protección de Datos de Carácter Persoal (L.O. 15/1999), os datos persoais solicitados no proceso de pedido serán tratados polo Centro Asociado UNED-A Coruña exclusivamente para o trámite de venda de libros, así como para o exercicio das demais funcións directamente relacionadas, e non serán proporcionados a terceiros sen previa autorización.

Comunicaranse ás entidades bancarias os datos estrictamente necesarios para a realización da transacción económica se fora.

Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderán exercitarse ante a Secretaría do Centro Asociado UNED-A Coruña (Rúa Pepín Rivero, 3. 15011-A Coruña).

O uso da aplicación de pedidos online implica que o cliente estará dando a súa conformidade para que os seus datos persoais sexan utilizados para os devanditos fins.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es