Un ano máis, a Biblioteca do Centro Asociado UNED A Coruña confeccionou un mosaico para celebrar o Día do Libro 2021.
Realizouse a partir das achegas da nosa comunidade universitaria e nel podedes atopar diferentes recomendacións de lectura, abarcando diferentes estilos, épocas, idiomas, etc.
Esta mañá realizouse o sorteo do agasallo dos libros (coa axuda dunha persoa voluntaria que fixo de man inocente) entre todas as persoas que participastes coas vosas suxerencias.
Nesta ocasión, o premio recaeu en José Manuel Romarís Cercós que recibirá os seus libros proximamente.
Parabéns polo premio ao afortunado e grazas a toda a comunidade polas vosas suxerencias de lectura e pola vosa participación.
Animámosvos a que revisedes (e leades) os títulos seleccionados. Seguro que atopades moitos que vos resultarán de interese.
Máis información en:
-------------------------{}------------------------