Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Rompendo estereotipos: a imaxe de heroínas, bruxas, fadas e princesas desde a narrativa oral á Literatura Infantil e Xuvenil"

26 de abril de 2021

ADIADO AO MES DE SETEMBRO. En breve actualizaranse as datas e modalidades de emisión. Desculpen as molestias.

Actualización da información a 30/04/2021

Por motivos de organización e planificación de Extensión Universitaria do Centro, este curso queda ADIADO AO MES DE SETEMBRO. Nos vindeiros días se actualizarán as datas e modalidades de emisión. Desculpen as molestias. 

----

A UNED da Coruña organiza a partir da semana próxima o curso "Rompendo estereotipos: a imaxe de heroínas, bruxas, fadas e princesas desde a narrativa oral á Literatura Infantil e Xuvenil", que se celebrará os luns 03 e 10 de maio, de 16:30 a 20:30 h. 

Esta actividade ten unha finalidade didáctica que pode resultar de interese tanto a estudantes de calquera disciplina académica, especialmente dos graos e másteres en Filoloxía, Educación, Biblioteconomía, etc.; como a profesorado en xeral de calquera nivel académico e público en xeral interesado na temática. 

A formación estará a cargo de María del Carmen Ferreira Boo, profesora de didáctica de lingua e literatura na Universidade da Coruña (UDC) e profesora-titora do Centro Asociado UNED A Coruña. O curso, ademais, está codirigido por Francisco Xavier Frías Conde, Profesor de Filoloxía Gallego-Portuguesa da UNED. 

Neste curso daranse a coñecer as características que definen as personaxes de heroínas, bruxas, fadas e princesas na narrativa de transmisión oral e como a través das distintas reescrituras foron evolucionando na historia literaria ata ofrecernos na Literatura Infantil e Xuvenil actual unha visión diferente destes arquetipos. 

Aínda que é certo que, desde que somos pequenos, estas personaxes forman parte do imaxinario colectivo dunha comunidade, a través das diferentes experiencias lectoras e o intertexto lector imos modificando a visión tradicional que nos achega a narrativa de transmisión oral cara a unha imaxe máis subvertida e transgresora de heroínas, bruxas, fadas e princesas que nos ofrece a Literatura Infantil e Xuvenil actual, coa intención de reivindicar a igualdade de xénero e o respecto pola diversidade. 

Por tanto, afondarase a nivel teórico nos conceptos de arquetipo, reescritura e intertextualidad, para despois explicar as características definitorias de heroínas, bruxas, fadas e princesas, comentando a evolución que sufriron desde a narrativa oral á Literatura Infantil e Xuvenil actual a través da análise de obras representativas da subversión, parodia e transgresión deses personaxes. 

Por último, abordarase o seu tratamento desde unha perspectiva didáctica para o seu aproveitamento pedagóxico á hora de traballar a educación literaria coa infancia e a mocidade, ofrecendo actividades creativas para xogar con estas personaxes. O curso pódese seguir en modalidade online, tanto a través de emisión en directo como en diferido. O curso consta de 25 horas de formación, das cales 8 h son de formación teórica; ademais, solicitouse o recoñecemento de 1 ECTS. 

María del Carmen Ferreira Boo, é Doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Licenciada en Filoloxía Hispánica pola mesma universidade. Ten formación, ademais, no deseño de unidades didácticas de Lingua e Literatura. Foi bolseira no proxecto "Bibliografía da Literatura Galega", dirixido por Anxo Tarrío Varela (2009-2012). Actualmente é profesora Interina de Didáctica de lingua e literatura na Universidade da Coruña (UDC). 

Pódeste matricular neste curso premendo aquí

  • Matrícula para seguimento en directo, dispoñible ate o luns 03 de maio. 
  • Matrícula para seguimento en diferido, dispoñible ate o martes 11 de maio

Seguimos online, seguimos contigo! 

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (atención presencial só con cita previa), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es