Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "A atención psicológica nos tempos da pandemia: adaptacións na intervención"

28 de abril de 2021

ADIADO AO MES DE SETEMBRO. En breve actualizaranse as datas e modalidades de emisión. Desculpen as molestias.

Actualización da información a 30/04/2021

Por motivos de organización e planificación de Extensión Universitaria do Centro, este curso queda ADIADO AO MES DE SETEMBRO. Nos vindeiros días se actualizarán as datas e modalidades de emisión. Desculpen as molestias. 

----

A UNED da Coruña organiza a partir da vindeira semana o curso "A atención psicológica nos tempos da pandemia: adaptacións na intervención", que se celebrará os martes 4, 11 e 18 de maio, de 16:30 a 20:30h. 

Esta actividade ten unha finalidade práctica sobre como realizar consultas a través das TIC' s, polo que pode resultar de interese a estudantes de calquera disciplina académica, especialmente dos graos e másteres en Psicoloxía, Educación Social e Traballo Social, pero tamén a profesionais da Psicoloxía e ciencias afíns e público en xeral interesado na materia.

O curso está dirixido por Elisabet Hermida García, psicóloga Sanitaria e profesora-titora nos Graos de Psicoloxía e Criminoloxía de la UNED, quen tamén se encargará da formación xunto con psicólogas clínicas Macarena Pérez Bullemore e Rosana Rodríguez Gómez.

crise sanitaria xerada polo coronavirus supuxo unha serie de cambios na contorna terapéutica debida á implementación dunha serie de medidas preventivas fronte á Covid-19 na consulta presencial, así como un incremento do uso de novas tecnoloxías para prestar atención psicolóxica. Estas novas condicións na contorna psicoterapéutica supoñen unha maior distancia física, barreiras que separan ao cliente e o psicoterapeuta e que ocultan parte do rostro, ausencia de contacto físico ou comunicación mediada por computador. Todo iso implica perder elementos non verbais fundamentais para a comunicación e supón un novo desafío á hora de establecer unha relación terapéutica satisfactoria.

Dada a contribución da relación terapéutica no éxito da psicoterapia, resulta fundamental coñecer o impacto que estes cambios teñen na relación terapéutica e na comunicación cliente-psicoterapeuta, tanto desde a perspectiva do cliente como do profesional da psicoloxía. Este coñecemento permite aos profesionais establecer novas estratexias e adaptacións que mitiguen as interferencias que se poden estar a xerar na psicoterapia.

O curso pódese seguir en modalidade online UNICAMENTE de seguimento EN DIRECTO. Consta de 25 horas de formación, das  que 12h son de formación teórica e, de ser superado, cada alumna/o recibirá un certificado de aproveitamento co recoñecemento de 1 ECTS.

Pódeste matricular neste curso premendo aquí.

  • Matrícula para o seguimento en directo, dispoñible ate o martes 04 de maio.

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña  

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es