Desde a Aula UNED de Ferrol propoñémosvos un novo curso formativo dentro do Ciclo "Novas Perspectivas en Dereito penal".
Como ven sendo habitual nas actividades do noso Centro, o ciclo consta de dous cursos con programas formativos completos, así que non é preciso ter cursado un para poder realizar o outro, xa que ambos se pueden facer de xeito independente.
Este segundo curso do ciclo versará sobre "A vida en prisión. Aspectos prácticos da privación de libertade no Dereito Penal Español" e se celebrará nas tardes dos vindeiros xoves 6 e venres 7 de maio de 2021, de 16:30 a 20:30h.
Consta de 25 horas de formación, das que 8 horas son de exposición teórica; de ser superado, entregarase un certificado de aproveitamiento co recoñecemento de 1 ECTS. Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, se poderá seguir unicamente en modalidade online, coas opcións de seguimento en directo mais en diferido.
Impartido por Rafael Martínez Fernández, Profesor Asociado de Dereito Penal (Universidad de León) e Funcionario de Carreira do Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penais. Especialidade Xurista, este curso está dirixido por Lotario Vilaboy Lois, profesor de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e profesor-titor do Centro UNED A Coruña.
Este curso ten como obxectivo profundar no coñecemento da normativa penal, cun estudo didáctico, crítico e practico dalgunhas institucións e dereitos que regula. O alumnado terá a oportunidade de coñecer aquelas materias relacionadas co réxime penal que inciden especialmente no desenvolvemento da vida dos internos en prisión, tales como o ingreso e a excarceración, as comunicacións e visitas, as medidas de seguridade e vixilancia e os distintos tipos de réxime penal.
Doutra banda, a clasificación en terceiro grao e o controvertido principio de flexibilidade penal, serán obxecto dunha atención especial, ao constituír a base para a aplicación do tratamento individualizado en réxime de semilibertad. Esta parte completarase co estudo dos permisos de saída e as saídas programadas, pola importancia que teñen como mecanismos que permiten a progresiva reincorporación dos penados na sociedade libre.
Un programa completo co que se pretende achegar a calquera persoa que queira coñecer e, sobre todo, entender, unha realidade social descoñecida -a penal- desde unha perspectiva práctica.
Está dirixido a estudantes dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, etc. Membros dos corpos e forzas de seguridade; singularmente, Policía Nacional, Gardia Civil, Policías Autonómicas e Policía Local. Policía portuaria. Profesionais do ámbito xurídico, penal e criminolóxico (avogacía, procuraduría, fiscalía, etc.). Opositores/as aos diferentes niveis da Administración Pública. Empregados dos distintos Corpos da Administración Penal e de atención ás vítimas. Cualqueira persoa interesada na temática do curso.
Pódeste matricular premendo aquí:
Bonificacións na matrícula:
Lembra que, si es alumno/a da UNED, titor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrol, membro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiado/a no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto no precio da matrícula.
Seguimos online, seguimos contigo!
Máis información en:
-------------------------{}------------------------
Síguenos en: