A sede da UNED da Coruña acolle o curso "Prácticas de Mediación (Curso 2020-2021)" os venres 07, 14 e 21 de maio de 2021, en horario de tarde, de 16:30 a 20:30h.
Impartido por Rosa Sánchez González-Dans, avogada e máster en Mediación, cunha ampla experiencia como mediadora e dirixido por Inmaculada García Presas, profesora de Dereito Civil na Universidade da Coruña e profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña, este curso é o último dos módulos que conforman o Ciclo de Mediación 2020/2021.
Ten como obxectivo, a través de exercicios e simulacións de casos, traballar as técnicas e as distintas fases do proceso de mediación en distintos ámbitos, dunha maneira dinámica e participativa, que capacitará para desempeñar a actividade mediadora con eficacia e profesionalidade. Este curso vai dirixido a todas aquelas persoas que dispoñen de formación teórica en mediación e queren adquirir unha sólida formación práctica. Durante as sesións, traballarase en supostos de mediación penal, comunitaria, familiar, civil, mercantil e educativa.
Esta actividad formativa, que consta de 25 horas lectivas, ten recoñecido 1 crédito ECTS. Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, priorizarase a matrícula para o seguimento en liña do curso que, lembramos será UNICAMENTE EN DIRECTO. As prazas reservadas para a asistencia presencial xa están cubertas segundo o procedemento indicado ás persoas matriculadas no curso. Estas prazas son limitadas e están condicionadas polo cumprimento coas medidas de seguridade e hixiene, así como á normativa vixente actual de prevención do COVID-19.
Rosa Sánchez González-Dans é licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Máster en Psicoloxía Xurídica pola UNED, especialista en Mediación Familiar pola Universidade de Vigo e Máster Universitario en Mediación pola Universidade de Santiago de Compostela. Rexistrada no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia desde o ano 2003, labor que compaxina co seu traballo de avogada. A partir do ano 2007 adhírese como profesional partícipe ao programa MEDIAGAL, promovido pola Xunta de Galicia. Participou en congresos, cursos, xornadas e seminarios sobre mediación, e colaborou en proxectos de formación en materia de mediación; entidades públicas e privadas.
CICLO SOBRE MEDIACIÓN 2021/22:
Nos vindeiros días anunciaremos as datas de celebración do Ciclo de Mediación para o curso 2021/22, así como as temáticas nas que se centrará cada curso nesta 9ª edición.
O Centro Asociado á UNED da Coruña está recoñecido como Centro de Formación no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza.
Seguimos online, seguimos contigo!
Máis información en:
--------------------------------------{}-------------------------------------