Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro Asociado á UNED na A Coruña asina a renovación do convenio coa Consellería de Política Social para seguir impulsando actividades formativas a través do programa UNED Sénior

11 de mayo de 2021

A sinatura entre a conselleira de Política Social, Dª. Fabiola García, e eo director do Centro Asociado á UNED na Coruña, D. Germán Carro,  xunto cos reitores das tres universidades galegas, tivo lugar na mañá do luns 10 de maio na sede administrativa da Xunta de Galicia.

A conselleira de Política Social, Dª Fabiola García e o director do Centro Asociado á UNED na Coruña, D. Germán Carro, asinaron na mañá do 10 de maio o convenio destinado ao financiamento do programa da UNED Sénior da Coruña.

E Este acto, que se realizou nas dependencias administrativas de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, realizouse en conxunto para aUNED da Coruña mais as tres universidades galegas, polo que estiveron presentes os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, D. Antonio López Díaz, da Universidade da Coruña, D. Julio Abalde Alonso; e da Universidade de Vigo, D. Manuel Joaquín Reigosa Roger. Tamén contou coa presenza do director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, D. Fernando González Abeijón. 

A conselleira de Política Social, Dª. Fabiola García, destacou o importante papel das persoas maiores durante a pandemia, así como a necesidade de seguir fomentando o envellecemento activo o coñecemento e o benestar social, co obxectivo principal de evitar o illamento das persoas maiores. Tamén anunciou un incremento dun 12% na achega da Xunta de Galicia, insistindo na importancia de achegar o coñecemento ás zonas rurais, labor que o programa da UNED Sénior A Coruña leva facendo desde hai 10 anos, como sinalou na súa intervención o director do Centro Asociado. 

Durante a súa intervención, D. Germán Carro, tamén lembrou que o programa da UNED Sénior da Coruña presenta destacables peculiaridades con respecto a outros afíns, entre elas o perfil do noso alumnado máis veterano, que está entre os 60 e 100 anos, que é a xeración que máis sufriu o impacto do coronavirus. Neste sentido lembrou "o importante labor de apoio social, que se leva a cabo neste programa, que contribúe a reforzar vínculos entre o alumnado, transcendendo a universidade", feito que se reforzou especialmente durante a pandemia. 

Este importante acordo entre a Xunta de Galicia e o Centro UNED da Coruña supón unha garantía de continuidade para a formación do alumnado maior de 55 anos que, cada vez máis, demanda unha formación actualizada e adaptada ás súas inquietudes e intereses culturais. 

Neste sentido, sinalou a esixencia continua deste alumnado, que quere aprender e formarse, pero tamén leva a cabo actividades de revalorización do coñecemento nas zonas rurais onde residen; mostra diso son os distintos proxectos desenvolvidos en temáticas como a ecoloxía, a saúde ou a recuperación de música tradicional. 

O éxito do programa Sénior da UNED A Coruña apóiase na relación cos concellos e no compromiso adquirido coa formación dos máis maiores. Mostra deste éxito é que, como sinalou o director do Centro UNED A Coruña, durante a pandemia varios concellos solicitaron adherirse a este programa formativo, ampliando a formación a máis localidades da provincia e sumándose aos municipios colaboradores da Baña, Aranga, Boiro, Guitiriz, Irixoa, Lousame, Monfero, Paderne, Padrón, Porto do Son, Rianxo e Xermade.

  • Imaxe (de esquerda a dereita): D. Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo; D. Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; Dª Fabiola García, conselleira de Política Social; D. Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade; D. Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña e, D. Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado á UNED na Coruña, durante a sinatura do convenio. 

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es