Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Conferencia: "As operacións das Forzas Armadas na loita contra a pandemia"

14 de mayo de 2021

Actividade gratuíta, aberta ao público en xeral, que se celebrará o mércores 19 de maio ás 19:00h exclusivamente online en directo mais en diferido Inscríbete xa!

A sede de UNED na Coruña organiza unha nova conferencia gratuíta dirixida ao público en xeral interesado na materia.

Nesta ocasión tratarase novamente en un tema de actualidade, como é o papel desenvolvido pola Forzas Armadas durante a alerta sanitaria pola COVID-19 e a súa experiencia a través das operacións Balmis e Baluarte.

conferencia: "As operacións das Forzas Armadas na loita contra a pandemia", terá lugar o vindeiro mércores 19 de maio de 2021, ás 19:00h e será impartida polo Capitán de Corveta Carlos Fernández López, Estado Maior da Defensa (EMAD) / Mando de Operacións (MOPS). Xefe quenda Op. Misión Baluarte. Esta actividade, está organizada en colaboración co Ministerio de Defensa. Subdelegación da Coruña.

Desde o inicio da alerta sanitaria por COVID-19, as Forzas Armadas tiveron un papel activo na loita contra a propagación da enfermidade, realizando un gran despregamento e levando a cabo multitude de intervencións en diferentes ámbitos de actuación en estreita colaboración co resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, organismos institucionais e administracións públicas. 

Durante este tempo, o Mando de Operacións (MOPS) do Estado Maior da Defensa (EMAD) dirixiu dúas importantes operacións: Balmis e Baluarte, na que participaron os distintos corpos e unidades. Nesta conferencia, o Capitán de Corveta Carlos Fernández López, EMAD / MOPS, Xefe quenda Op. Misión Baluarte, comentará as principais accións levadas a cabo, así como o papel desenvolvido polas Forzas Armadas durante a pandemia.  

Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, se poderá seguir exclusivamente en modalidade online, tanto en directo coma en diferido. É necesaria a inscrición para poder acceder aos enlaces de seguimento

Pódeste inscribir gratis premendo aquí:

  • Matrícula para seguimiento en directo dispoñible ata o 19 de maio de 2021.  
  • Matrícula para seguimiento en diferido dispoible ata o 20 de maio de 2021. 

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es