Desde hoxe está aberto o prazo de preinscrición para estudantes de nova incorporación aos estudos de Máster.
A continuación mostrámosche as datas que tes que ter presentes para realizar a túa solicitude.
Excepcións:
O MU en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas abrirá o prazo de preinscrición o 20 de maio e finalizará o 02 de xuño de 2021.
Outros másteres que tamén pechan a preinscrición o 02 de xuño son:
O MU en Investigación en Historia da arte ten tamén un prazo especial para a preinscrición: do 17 de xuño ao 17 de xullo de 2021.
E o MU en Administración Sanitaria abrirá a preinscrición en setembro de 2021, data aínda sen determinar.
Os estudantes que xa están a cursar os estudos de Máster teñen de prazo do 10 ao 30 de setembro de 2021; coa excepción do MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria e o MU en Acceso á avogacía que será do 2 ao 9 de setembro.
A matrícula para estudantes novos poderase formalizar do 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021 e, para os demais estudantes, desde a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 21 de outubro de 2021.
Seguimos online, seguimos contigo!
Máis información en:
--------------------------------------{}-------------------------------------