Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

En xuño... seguimos contigo! Cursos e actividades sobre Dereito, Informática, Emprego e Saúde. Apúntate xa!

31 de mayo de 2021

Aproveita o teu desconto de estudante UNED para complementar a túa formación e obter 1 ECTS en cada curso. Consulta a nosa programación de Extensión Universitaria para o mes de xuño

Como cada final de mes, desde o Centro UNED da Coruña e a aula de Ferrol animámosche a completar a túa formación con diferentes actividades.

Este mes de xuño programamos dous cursos sobre diferentes temáticas destinados a que o noso alumnado e a poboación en xeral, poida complementar a súa formación. Estas propostas formativas enmárcanse nas temáticas sobre Dereito Penal e Informática, e ambas contan co recoñecemento de 1 ECTS.

Ambos os cursos teñen unha duración de 25 horas e, para poder ser superados e obter o certificado de aproveitamento, ademais da asistencia é necesario realizar tarefas de avaliación.

Lembrade que todas as alumnas e os alumnos da UNED teñen unha bonificación no prezo da matrícula en todos os cursos do noso Centro. Tamén se benefician dunha redución do prezo as persoas pertencentes a corpos e forzas de seguridade, ao Colexio Oficial de Procuradores da Coruña e ao Colexio Profesional de Logopedas de Galicia. Para o PAS e o profesorado-titor do Centro UNED A Coruña e da Aula de Ferrol a matrícula é gratuíta.

E ademais, para este final de curso programamos dúas actividades gratuítas abertas ao público en xeral: unha nova conferencia dentro do ciclo de actividades "DEPENDE DE TI: saúde e calidade de vida" e, como ven sendo habitual nos últimos anos, a nosa xornada informativa sobre emprego. Estas dúas actividades están abertas a calquera persoa interesada na materia.

Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, todas as actividades realizaranse exclusivamente en modalidade en liña. Consulta como inscribirte en cada unha e as diferentes opcións a continuación.

Estamos a preparar as actividades do curso 2021-22, así que se che interesa o Dereito, a Informática, a Psicoloxía, a Mediación, a Literatura, etc., consulta a nosa oferta formativa de Extensión para os próximos meses e non perdas a ocasión de completar os teus estudos.

Apúntate xa!

CURSOS DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

Microsoft Access e bases de datos. Nivel intermedio (curso 2020-21)

AVISO IMPORTANTE (04/06/2021): Curso ADIADO AO MES DE SETEMBRO por motivos de saúde do relator. Desculpen as molestias. 

  • Data: luns 20, mércores 22 e venres 24 de setembro de 2021 (novas datas de celebración).
  • Hora: 09:30-13:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo mais en diferido.
  • Créditos: 1 ECTS.
  • Duración: 25 horas.
  • Impartido por: José Manuel Varela Senra. Doutor en Ciencia e Tecnoloxía. Coordinador Tecnolóxico Centro UNED A Coruña. Posgrao en Comunicación Online e Redes Sociais, Consultor TIC, Social Media Management, experto no desenvolvemento de contidos audiovisuais, experto en xestión de negocios on- line 2.0 e especialista en comercio electrónico (E- commerce).
  • Ciclo sobre manexo de Microsoft Office 2020-21.

Na era actual o correcto tratamento dos datos converteuse nunha tarefa, practicamente imprescindible. Desta forma, as bases de datos de datos convertéronse nunha ferramenta fundamental, para a xestión e arquivo de información de calquera tipo

No presente curso, complementario do curso “Microsoft Access e bases de datos. Nivel básico” preténdense profundar nas ferramentas das bases de datos, e do programa Microsoft Access, mediante comando complexos que nos permitan traballar con bases de datos a nivel intermedio. Pódense realizar ambos os cursos por separado, xa que non é necesario realizar o de nivel básico para poder cursar o de nivel intermedio

Este curso pode resultar de especial interese para estudantes e persoal vinculado coa xestión e administración de arquivos, así como para calquera profesional vinculado coa administración, tanto pública ou privada. Tamén para opositores/ as a calquera escala da administración pública.

Pódeste matricular premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 20 de setembro de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 27 de setembro de 2021. 

Detencións ilegais policiais 

  • Data:  luns 14 e martes 15 de xuño de 2021.
  • Hora: 16:30-20:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo mais en diferido.
  • Créditos: 1 ECTS.

  • Duración: 25 horas.
  • Impartido por: Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) e Eduardo Ramón Ribas, catedrático de Dereito Penal da Universitat de les Illes Balears (UIB), Especialista Universitario en Criminoloxía e en Dereito Penal e Ciencias Penais.

O curso propón unha análise dos delitos de detencións ilegais desde a perspectiva dos membros das forzas e corpos de seguridade, tendo en conta que tamén os particulares poden deter nalgúns supostos. A análise da xurisprudencia máis recente e da doutrina especializada son as bases deste estudo.

Preténdese expoñer os trazos característicos dos delitos de detencións ilegais, tendo en conta que os membros das forzas e corpos de seguridade son particularmente vulnerables ás denuncias pola comisión destes delitos. Poden deter por delito leve? Poden deter a alguén que se quita a máscara nun autobús cheo de xente? Cando se considera que a detención se realiza “fóra dos casos permitidos pola lei”? Como responde o compañeiro do policía que comete unha detención ilegal? Todas estas preguntas responderanse durante as sesións. O obxectivo fundamental é dar a coñecer ao alumnado as ricas posibilidades interpretativas que ofrecen estas figuras delituosas.

Pódeste matricular premendoaquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 14 de xuño de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido  dispoñible ata o 18 de xuño de 2021. 

CONFERENCIAS E ACTIVIDADES GRATUÍTAS

Conferencia “Perda auditiva: a enfermidade que afectará ao 25% da poboación en 2050”

#UNEDSaludable

  • Data: luns 14 de xuño de 2021.
  • Hora: 19:00-20:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo mais en diferido.
  • Duración: 1,5 horas.
  • Impartido por: Marlene Rodríguez Ferreiro, diplomada en logopedia. 
  • Ciclo: DEPENDE DE TI: saúde e calidade de vida.

Segundo o informe publicado pola OMS en marzo 2021, estímase que 1 de cada 4 persoas presentará algún grao de perda auditiva no 2050. Este problema de saúde pública ten unha idade de aparición cada vez menor e unha incidencia cada vez maior con implicacións moito máis amplas que o mero feito de “non oír”. Por tanto, resulta de especial interese entender que é a perda auditiva, como se pode diagnosticar, as súas repercusións e como abordala.

Pódeste inscribir gratuítamente premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 14 de xuño de 2021.  
  • Matrícula seguimento en diferido dispoñible ata o 16 de xuño de 2021. 

UNED A Coruña Emprende: encontro virtual sobre formación e emprego

  • Data: martes 15 de junio de 2021.
  • Hora: 16:30-20:30 horas.
  • Modalidade: emisión online en directo máis en diferido.
  • Duración: 4 horas.

A inserción laboral é unha etapa crucial do desenvolvemento curricular, por iso desde o Centro UNED da Coruña un ano máis, finalizamos o curso académico cunha xornada informativa sobre formación e emprego destinada principalmente a estudantes recentemente titulados/as nos diferentes graos e másteres, así como a persoas interesadas en xeral, xa que non existe un límite de idade para acceder á actividade nin á información sobre emprego. 

Este encontro virtual sobre emprego está composto por catro webinarios divididos en dous bloques temáticos: a primeira parte centrarase na formación e oportunidades de especialización para completar os teus estudos na UNED e, a segunda parte, centrarase nos aspectos prácticos da vida laboral: desde como desenvolver proxectos de emprego nas zonas rurais ata como afrontar o teu primeiro traballo nunha empresa

A actividade contará coa participación de diferentes profesionais e servizos do Centro que informarán ás persoas interesadas sobre prácticas, oposicións, programas de especialización, emprendemento, procura activa de emprego e outras oportunidades laborais.

Pódeste inscribir gratuítamente premendo aquí:

  • Matrícula para seguimento en directo dispoñible ata o 15 de xuño de 2021.  
  • Matrícula para seguimento en diferido dispoñible ata o 16 de xuño de 2021. 

Visualiza o vídeo resumo coa programación de xuño no noso Centro premendo aquí

Consulta a nosa programación para os vindeiros meses premendo aquí.

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es