Dende a Aula UNED de Ferrol propoñémosvos un nuevo curso formativo para finalizar este ano académico.
O curso "Detencións ilegais policiais", terá lugar nas tardes do luns 14 e martes 15 de xuño de 2021, de 16:30 a 20:30h.
Este curso propón unha análise dos delitos de detencións ilegais desde a perspectiva dos membros das forzas e corpos de seguridade, tendo en conta que tamén os particulares poden deter nalgúns supostos. A análise da xurisprudencia máis recente e da doutrina especializada son as bases deste estudo.
Preténdese expoñer os trazos característicos dos delitos de detencións ilegais, tendo en conta que os membros das forzas e corpos de seguridade son particularmente vulnerables ás denuncias pola comisión destes delitos. Poden deter por delito leve? Poden deter a alguén que se quita a máscara nun autobús cheo de xente? Cando se considera que a detención se realiza “fóra dos casos permitidos pola lei”? Como responde o compañeiro do policía que comete unha detención ilegal? Todas estas preguntas responderanse durante as sesións. O obxectivo fundamental é dar a coñecer ao alumnado as ricas posibilidades interpretativas que ofrecen estas figuras delituosas.
O curso consta de 25 horas de formación, das que 8 horas son de explicación teórica; de ser superado, entregarase un certificado de aproveitmento co recoñecemento de 1 ECTS.
Nas actuais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19, poderase seguir únicamente en modalidade online, coas opcións de seguimento en directo mais en diferido.
Dirixido por Ascensión García Ruiz, profesora do Departamento de Dereito Penal e Criminoloxía da UNED, será impartido por Patricia Faraldo Cabana, catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) e Eduardo Ramón Ribas, catedrático de Dereito Penal da Universitat de les Illes Balears (UIB).
Este curso está especialmente dirixido a estudiantes dos graos e másteres en Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, etc. Membros dos corpos e forzas de seguridade (Policía Nacional, Gardia Civil, Policías Autonómicas, Policía Local e Policía portuaria). Profesionais do ámbito xurídico, penal e criminolóxico (avogacía, procuraduría, fiscalía, etc.). Opositores/as aos diferentes niveis da Administración Pública. Cualquera persoa interesada na temática do curso.
Lembra que, si es alumno/a da UNED, titor/a do C.A. A Coruña ou da Aula de Ferrol, membro das forzas e corpos de seguridade, ou estás colexiado/a no Colexio Oficial de Logopedas de Galicia ou no Colexio Profesional de Procuradores da Coruña terás un desconto na matrícula.
Máis información en:
----------------------------------{}---------------------------------