A sede da Coruña organiza unha nova conferencia gratuíta dirixida ao público en xeral interesado na materia.
Nesta ocasión, de novo no marco do ciclo de actividades Depende de ti: saúde e calidade de vida, cuxa finalidade é a sensibilización e formación sobre temas de promoción da saúde e o benestar persoal da poboación en xeral e da nosa comunidade universitaria, en particular, no marco das accións da #UNEDSaludable.
A conferencia “Perda auditiva: a enfermidade que afectará ao 25% da poboación en 2050” terá lugar o vindeiro luns 14 de xuño de 2021, ás 19:00 h e será impartida por Marlene Rodríguez Ferreiro, diplomada en logopedia e membro do Colexio Oficial de Logopedas de Galicia.
Segundo o informe publicado pola OMS en marzo 2021, estímase que 1 de cada 4 persoas presentará algún grao de perda auditiva no 2050. Este problema de saúde pública ten unha idade de aparición cada vez menor e unha incidencia cada vez maior con implicacións moito máis amplas que o mero feito de “non oír”. Por tanto, resulta de especial interese entender que é a perda auditiva, como se pode diagnosticar, as súas repercusións e como abordala.
Debido ás especiais circunstancias de alerta sanitaria pola COVID-19,pódense seguir exclusivamente en modalidade en liña, tanto en directo como en diferido. É necesaria a inscrición para poder acceder ás ligazóns de seguimento.
Seguimos online, seguimos contigo!
Máis información en: